Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 04 de decembro de 1998 Páx. 13.073

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se publican as correccións de erros materiais nas listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo superior de administración xeral da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas e corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia (grupo B), da escala técnica de finanzas, e que modifica a do 29 de outubro de 1998 (DOG número 141, do 23 de xullo).

Publicada a Resolución do 29 de outubro de 1998 (DOG nº 214, do 4 de novembro) pola que se fan públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo superior de administración xeral da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas e corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia (grupo B), da escala técnica de finanzas, de conformidade co punto terceiro da Resolución do 15 de xullo de 1998 (DOG nº 141, do 23 de xullo), e detectados erros materiais nas listas publicadas, unha vez corrixidos estes por parte da Comisión Permanente de Selección de Persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios e modificados os correspondentes listados en sesión celebrada o 25 de novembro de 1998, unha vez elevada a correspondente proposta, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas, unha vez corrixidos os erros constatados e realizadas as oportunas modificacións, as listas para a cobertura con carácter temporal para o nomeamento de persoal interino de postos de traballo reservados a funcionarios corres

pondentes ó corpo superior e de xestión de administración da Xunta de Galicia (grupos A e B), escalas superior e técnica de finanzas, da forma que a continuación se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión das causas de exclusión.

Anexo III: figuran os solicitantes non admitidos, en aplicación do previsto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, e na base 2ª da Resolución do 28 de xaneiro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 28, do 11 de febreiro).

Segundo.-Os citados anexos encóntranse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas, de luns a venres, e de 9 a 14 horas os sábados.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 1998.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

10834