Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 04 de decembro de 1998 Páx. 13.073

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a funcionarios, publicadas por Resolución do 16 de xullo de 1998 (DOG do 22 de xullo).

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 9 de novembro de 1998, resolución que na súa parte dispositiva establece o seguinte: «estima-lo recurso ordinario formulado por Mª Luisa González Maceda contra a Resolución do 16 de xullo de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril».

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición da interesada, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada pola devandita resolución nas listas aprobadas o 16 de xullo de 1998, no sentido de figurar na lista correspondente ó punto A) 2º, para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes ó corpo subalterno da Xunta de Galicia, os datos seguintes:

-Mª Luisa González Maceda.

DNI número: 34.263.007.

No posto número 1606, para o ámbito territorial de servicios centrais.

No posto número 1423, para o ámbito territorial da Coruña.

No posto número 885, para o ámbito territorial de Ourense.

No posto número 1107, para o ámbito territorial de Pontevedra.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 1998.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

10975