Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 03 de decembro de 1998 Páx. 13.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/375-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica Fuciños Rivas, S.L.

Domicilio social: Ronda da Coruña, 36, 15000 Melide.

Denominación: L.M.T.S., r/ Martín Freire e C.T. de Codeseira.

Situación: Melide.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 600 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 150 mm Al que parte do C.T., r/ Martín Freire e final no C.T. Codeseira, C.T. tipo interior con trafo de 250 kVA a 15/20 kV, B.2. Melide.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 30 de outubro de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña

10996