Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 03 de decembro de 1998 Páx. 13.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/369-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.

Domicilio social: r/ Mancebo, nº 6, 15000 Pontedeume.

Denominación: L.M.T. ó C.T. Pila da Leña.

Situación: Monfero.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV en conductor PS-50 de 1.588 m de lonxitude que parte da L.M.T. Pazos-As Travesas e final no C.T. Pila da Leña. Concello de Monfero.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 28 de outubro de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña

10223