Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 03 de decembro de 1998 Páx. 13.025

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/358-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: ampliación subestación Vimianzo 220/66 kV.

Situación: Vimianzo.

Descricións técnicas: expediente 358/98. Ampliación subestación de Vimianzo a 220/66 kV, constituída por: lado de 220 kV: pórtico en mecanotubo galvanizado para soporte embarrado en tubo aluminio de 150/134 mm e cable aluminio de 806 mm para módulos de transformador: interruptor automático en SF6 para 2.000 A. Trafos de intensidade 800-1.600/5-5-5 nA. Autoválvulas de 10 kVA de intensidade nominal para módulos de liña: interruptor automático en SF6, de 2.000. Trafos de intensidade 750-1.500/5-5-5 A. Autoválvulas de 10 kVA de intensidade nominal. Trafo de tensión para módulos de medida de barras. Transformadores de tensión. Transformadores de potencia. Transformadores monofásicos 3x100 MVA a 66/220 kV máis un de reserva e infraestructura para outros tres. Lado de 66 kV: pórtico en perfís angulares galvanizados e embarrado en cable de aluminio. Interruptor automático en SF6 de 3.000 A. Transformadores de intensidade a 1.500-3.000/5-5-5 A. Seccionador a 3.000 A. Autoválvulas a 10 kVA

intensidade nominal.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 28 de outubro de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña

10166