Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 03 de decembro de 1998 Páx. 13.025

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN408A 98/1-3 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de productores eléctricos, creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, dunha planta de coxeración, que ten como características principais as seguintes:

a) Peticionario: Adolfo Domínguez, S.A., con domicilio social no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, nº 4, Ourense.

b) Emprazamento: Parque Tecnolóxico de Galicia, Polígono Industrial de S. Cibrao das Viñas, Ourense.

c) Finalidade: establecer un sistema de coxeración con aproveitamento simultáneo de calor e electricidade, para un mellor aproveitamento enerxético na factoría.

d) Equipamento básico: 3 grupos moto-xeradores, con motor térmico marca Caterpillar mod. G3516TA, velocidade 1.500 rpm, alimentado por gas natural; e xerador de 1.038 kW/u de potencia eléctrica, Cos º=1, e tensión de xeración 380 V a 50 Hz. Intercambiadores de placas Alfa Laval, mod. M10B-FM para circuíto de alta temperatura. 3 transformadores de potencia, de 1.250 kVA/u, con R.D.T. 15-20/0,4 kV. 3 recuperadores de calor, con producción de vapor de 1.008 kg/h, potencia calorífica 579 kW e unha presión de servicio de 10 Kg/cm. Equipo eléctrico de maniobra, protección, medida e interconexión coa rede de distribución.

e) Orzamento: 248.704.928 ptas.

O que se fai público para os interesados poderen examina-lo anteproxecto da instalación nesta delegación provincial, situada na rúa Curros Enríquez

nº 1-4º de Ourense, e, formular, no prazo de trinta días a partir da publicación deste anuncio, as reclamacións que consideren oportunas.

Ourense, 9 de outubro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

10169