Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 03 de decembro de 1998 Páx. 13.023

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de notificación (177/1998-M).

Eu, Belén Rey Baamonde, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Carballo, dou fe e certifico que no xuízo de faltas número 177/1998, seguido ante este xulgado por lesións, sendo denunciante Juan Iglesias Domínguez e denunciados Manuel Pereiro Castiñeiras, Braulio Arias Blanco, Germán Arias Blanco e Carlos José Arias Blanco, nos que recaeu sentencia co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia número... En Carballo o tres de novembro de mil novecentos noventa e oito. Vistos pola xuíza Carolina Montero Trabanco, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Carballo estes autos de xuízo de faltas número 177/1998, sobre lesións, no que foron parte o Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, como denunciante Juan Iglesias Domínguez e como denunciados Manuel Pereiro Castiñeiras, Braulio, Germán e Carlos José Arias Blanco e ó non compareceren ningunha das partes, de conformidade co disposto no artigo 117 da Constitución, dictou o seguinte:

Decido que debo absolver e absolvo a Manuel Pereiro Castiñeiras, Braulio Arias Blanco, Germán Arias Blanco e Carlos José Arias Blanco dos feitos que deron lugar a este procedemento, con declaración de oficio das custas causadas.

Notifíquese esta resolución ás partes prevíndoas de que contra ela poderán interpor, ante este xulgado, recurso de apelación no prazo de cinco días mediante escrito motivado. Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lles sirva de notificación a Germán e Carlos José Arias Blanco, que se encontran en paradoiro descoñecido, e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula en Carballo o seis de novembro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

10403