Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 02 de decembro de 1998 Páx. 12.933

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto, tramitación anticipada do expediente de gasto e trámite de urxencia, para a contratación polo Servicio Galego de Saúde dunha consultoría e asistencia para o asesoramento especializado ó proxecto de ampliación do sistema de información económica e coordinación das compras dos centros de atención primaria e especializada dependentes do Servicio Galego de Saúde. (S-1/99).

1. Obxecto e orzamento: contratación polo Servicio Galego de Saúde dunha consultoría e asistencia para o asesoramento especializado ó proxecto de amplia

ción do sistema de información económica e coordinación das compras dos centros de atención primaria e especializada dependentes do Servicio Galego de Saúde, por un importe máximo de nove millóns cento sesenta mil pesetas (9.160.000 pesetas, IVE incluído), dos que 4.580.000 pesetas irán con cargo ós orzamentos do Sergas para 1999 e 4.580.000 pesetas con cargo ós orzamentos do Sergas para 2000, todo isto condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente nos ditos orzamentos.

2. Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no número 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no número 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Prazo de execución: ver número 2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

6. Garantías: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

7. Admisión de variantes: non se admiten.

8. Criterios de adxudicación: ver número 10 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no edificio administrativo San Caetano (ático ala norte ), a partir das 9.30 horas do terceiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día habil.

11. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 1998.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos

10922