Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 02 de decembro de 1998 Páx. 12.913

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1998 pola que se convoca unha xornada sobre responsabilidade patrimonial das administracións públicas.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para 1998 e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase unha xornada sobre responsabilidade patrimonial das administracións públicas, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

1.-Obxectivos.

Acadar un mellor coñecemento verbo do desenvolvemento normativo, a crítica doutrinal e a evolución xurisprudencial do sistema de responsabilidade patrimonial das administracións públicas, sobre todo á luz da nova Lei da xurisdicción contenciosa e do proxecto de reforma da Lei de réxime xurídico e do procedemento administrativo común.

2.-Contido.

Trataranse estes temas:

Evolución normativa e doutrinal da responsabilidade patrimonial. As grandes cuestións.

A incidencia do proxecto da Lei do 18 de marzo de 1998, de reforma da LRX-PAC.

A responsabilidade civil das administracións públicas, no caso de infracción penal dos funcionarios.

A nova Lei da xurisdicción contencioso-administrativa: unificación da competencia.

Problemas específicos en materia sanitaria e laboral.

3.-Destinatarios.

Persoal ó servicio de calquera das administracións públicas galegas e interesados en xeral.

4.-Desenvolvemento.

Horario: mañá e tarde.

Lugar e datas. a xornada convocada terá lugar o día 17 de decembro de 1998, na sala de congresos do Auditorio de Pontevedra, situado na rúa Bóveda, s/n, da citada cidade.

5.-Incrición.

Prazo: remata o martes, día 15 de decembro de 1998.

Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707, Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurí

dico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén isncricións por telefax: 981 54 63 37.

Número de prazas: limitado á capacidade do local.

Incricións fóra de prazo: só se admitirán de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Para poder confirma-la súa posible admisión, os peticionarios poderán chamar por teléfono, a partir do día 15 de decembro, de 10 a 14.45 horas, ós seguintes números: 981 54 62 39 ou 981 54 60 40.

6.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir

no desenvolvemento da xornada, así como a de cancelala, se o escaso número de solicutdes non xustificase a súa realización.

7.-Certificación de asistencia.

Entregaráselles ó remate desta xornada a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a ela, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

10371