Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 02 de decembro de 1998 Páx. 12.910

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 23 de novembro de 1998 pola que se comunica a ampliación do importe existente para a concesión de axudas ós estudios náutico e marítimo-pesqueiros nos centros docentes dependentes da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, para o curso académico 1998-1999, convocadas por Orde do 4 de agosto de 1998.

A Orde do 4 de agosto de 1998 (DOG nº 160, do 19-8-1998), sobre axudas ós estudios náutico e marítimo-pesqueiros nos centros docentes dependentes da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, para o curso académico 1998-1999, establecía no seu artigo 1, parágrafo 2º, unha limitación á contía máxima das axudas cifrada en vintedous millóns de pesetas.

A existencia de crédito permite dispoñer de máis fondos para a concesión das axudas convocadas pola orde citada. Dado que nela se limitaba a cantidade máxima á existente no orzamento vixente, e ante a gran demanda de solicitantes, parece conveniente facer público o incremento da dita contía.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplíase o importe máximo das axudas convocadas pola Orde de 4 de agosto de 1998 ata a cantidade de 25.000.000 de pesetas con cargo á partida orzamentaria 12.04.480.0 do programa 322.S, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, do orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 1998.

P.D. (17-12-1997, DOG nº 246, do 22)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

10430