Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 02 de decembro de 1998 Páx. 12.905

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 30 de novembro de 1998 pola que se modifica parcialmente a do 30 de xaneiro de 1998, pola que se dispón a concesión de axudas a persoas físicas e xurídicas por razón de interese social ou humanitario.

A disposición primeira da Orde do 30 de xaneiro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 22, do 3 de febreiro), establece que a Consellería da Presidencia e Administración Pública poderá conceder axudas económicas por razón de interese social ou huma

nitario, por un importe de 17.250.000 ptas., con cargo á aplicación orzamentaria 04.09.121A.480.0.

Desde o 4 de febreiro, data da súa entrada en vigor, ata o 31 de outubro de 1988, a cantidade de solicitudes recibidas é significativamente superior ás de anos anteriores, incremento que afecta especialmente a modalidade de interese humanitario nas que o fundamento destas axudas é o de paliar feitos imprevisibles de urxente atención, nos que os seus destinatarios requiren dunha atención perentoria na obtención de recursos. Todo iso aconsella unha ampliación da cantidade que para o ano 1998 ten establecida a Consellería da Presidencia e Administración Pública, polo que, en uso das atribucións que teño conferidas, e tendo en conta a existencia de crédito axeitado e suficiente,

DISPOÑO:

Primeiro.-A cantidade establecida na disposición primeira da Orde do 30 de xaneiro de 1998 amplíase nunha contía de 1.500.000 ptas. co que a Consellería da Presidencia e Administración Pública poderá conceder axudas económicas por razón de interese social e humanitario por un importe de 18.750.000 ptas. con cargo á aplicación orzamentaria 04.09.121A.480.0, existindo crédito suficiente na partida indicada nos orzamentos da Comunidade Autónoma para 1998.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

10832