Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así como aprobación do proxecto de execución que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Fontefría (Cambre).
Liña eléctrica aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,547 km, con orixe en P-7 da L.M.T. ó C.T. Pagueira e final no C.T. proxectado de Fontefría cunha potencia de 50 kVA 15.000/380-220 V tipo intemperie e unha rede de baixa tensión de 0,490 km, de lonxitude con conductor itpo R.Z., e apoios de formigón.
A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 9-7-1998 e no BOP do 12-6-1998, no xornal da Voz de Galicia do día 5-6-1998 e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Cambre, ó mesmo tempo, notifícouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.
Por persoal facultativo desta delegación comprobouse que, a liña ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non incorren nos supostos de prohibición e limitación de constitución de servidume de paso, contemplados no artigo 57 da Lei 54/1997 e artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966.
Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas e cumpridos os trámites
regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:
Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declara-la utilidade pública destes que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario, ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A Coruña, 8 de outubro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
10312