Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 01 de decembro de 1998 Páx. 12.879

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (697/1998).

Eu, Camilo J. García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se seguen os autos arriba mencionados, promovidos por Manuel Varela Calvo contra Mutua Gallega e tres máis, nos que se acordou citar por edictos o demandado en paradoiro descoñecido Tipel, S.A. para que o día 8 de febreiro, ás 10.35 horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado ós actos de conciliación e xuízo previstos para esa data.

Advírteselle que a súa incomparecencia inxustificada non impedirá a realización dos devanditos actos, que continuará o procedemento o seu curso e que as seguintes comunicacións que se lle deban facer realizaranse nos estrados deste xulgado agás as que deban revesti-la forma de auto ou sentencia ou se trate de emprazamento.

Tamén se lle advirte que pode comparecer ou defenderse persoalmente ou por medio de representante asignado mediante poder bastante, mediante comparecencia perante este xulgado ou o de primeira instancia ou de paz do seu domicilio, e que deberá acudir con tódolos medios de proba dos que intente valerse. Comunícaselle tamén que as copias da demanda e os documentos que con ela se achegan están á súa disposición na secretaría deste xulgado.

Ó mesmo tempo, requírese ó devandito demandado para que o día dos actos de conciliación e xuízo achegue os seguintes documentos: follas de salarios, contrato de traballo, boletíns de afiliación e cotización á Seguridade Social A/2/2 e TC1 e TC2, e o parte de accidente e a descrición das tarefas que realizaba o actor no momento do accidente.

E para que se publique no Diario Oficial de Galicia e lle sirva de notificación, citación e requirimento ó demandado, Tipel, S.A., expido, selo e asino este edicto en Santiago de Compostela o 6 de febreiro de 1998.

O secretario

Rubricado

9666