Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 01 de decembro de 1998 Páx. 12.879

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DA ESTRADA

CÉDULA de notificación (34/1998).

Eu, Miguel Formoso Sobrado, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción da Estrada, dou fe de que nos autos de xuízo de faltas 34/1998 se dictou resolución que di como segue:

«Providencia. Xuíza Cristina García Velasco.

Na Estrada o oito de xullo de mil novecentos noventa e oito.

Tendo en conta o anterior escrito examinado, súmese ós autos da súa razón e visto o seu contido, admítese este e tense por formalizado recurso de apelación contra a sentencia dictada en primeira instancia nestas actuacións ó presentarse en tempo e forma.

Déaselles traslado das copias del ás restantes partes e ó Ministerio Fiscal, para que no termo de dez días emitan escrito de adhesión ou de impugnación a este, e rematado aquel, con presentación de escritos ou sen eles, elevaranse as actuacións para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Mandouno e asina S. Sa., dou fe».

E para que conste e para a súa notificación ó apelado José María Sánchez Padilla, hoxe en descoñecido paradoiro, expido este testemuño para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do propio xulgado, no que se lle fai saber que ten na secretaría do xulgado, tanto o escrito de apelación como o resto dos autos á súa disposición.

O secretario xudicial

Rubricado

10310