Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 01 de decembro de 1998 Páx. 12.858

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de edificación e obras públicas.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de edificación e obras públicas (código 2700255), da provincia de Lugo, asinado o día 2 de xullo de 1998, pola representación da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción (APEC), e das centrais sindicais UGT (36,3%), CC.OO. (31,7%), USO (10,5%) e CIG (17,3%), e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 23 de xullo de 1998.

José María Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo

Nota.-No texto que segue están inseridas as correccións ordenadas pola Resolución do 13 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión mixta paritaria prevista no convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de edificación e obras públicas.

Asistentes e representantes.

Representación social:

Por Femca-UGT, co 36,3%:

Alfonso García Capón.

Adolfo Mosteirón Turia.

Ramón Calvo Romero.

José Luis Castrillón López.

For Fecoma-CC.OO., co 31,7%:

Jesús Varela Lodeiro.

Ángel Barreiro Pérez.

Por USO, co 10,5%:

Carmen Arias Río.

Pola CIG, co 17,3%:

Ignacio Javier García Gómez.

Guillermo Rey Rouco.

Susana Ribeira Fernández.

Luis Vigo Lage.

Representación patronal (APEC):

Hipólito Trinidad Losada.

Miguel Varela Varela.

Ricardo Castro López.

José Juan Meijide Calvo.

Manuel Sánchez Varela.

Juan Manuel Glez. Zaera Glez.

Silviano Pizarro Gómez.

Asesora:

Pilar Díaz Rodríguez.

Na cidade de Lugo e na sede da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Lugo, sita na Avda. das Américas, 15-17, entreplanta, reúnense os representantes das centrais sindicais e da Asociación de Empresarios de la Construcción de Lugo relacionados arriba, ás 20 horas o día 2 de xullo de 1998, logo de convocatoria cursada para o efecto con obxecto de negocia-lo convenio colectivo de traballo para a actividade de edificación e obras públicas na provincia de Lugo.

Aberta a sesión e despois de intercambios de distintos puntos de vista chégase ós seguintes acordos:

1. Aproba-lo convenio colectivo de traballo para a actividade de materiais e prefabricados da construcción na provincia de Lugo para o ano 1998, a redacción do cal se xunta con tódolos seus anexos.

2. Aproba-la táboa de retribucións revisada que figura no anexo I.

3. Publica-lo texto do convenio colectivo, táboas de retribucións e calendario do citado convenio coa vixencia que no dito texto se indica.

4. Remiti-la presente acta co texto do convenio e documentación adxunta á Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Galicia en Lugo para o seu rexistro e envío ó DOG e ó BOP.

5. Que os atrasos de retribucións se aboarán no mes seguinte á publicación deste acordo no BOP ou no DOG.

6. Autorizar expresamente a asesora da Comisión Negociadora Pilar Díaz Rodríguez para que se dirixa á delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para os efectos de proceder á tramitación, depósito e publicación.

E, en proba de conformidade é asinada a presente acta polos integrantes da comisión negociadora, no lugar e data expresados no encabezamento.

Convenio colectivo de traballo para a actividade de edificación e obras públicas da provincia de Lugo

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio é de obrigado cumprimento na actividade de edificación e obras públicas que se relacionan a continuación.

1. Constructores de edificios.

2. Constructores-promotores de edificios urbanos.

3. Constructores sen ánimo de lucro.

4. Urbanizadores.

5. Construccións industrializadas.

6. Edificacións diversas e especiais.

7. Ferrallistería.

8. Elaboración e instalación de pedra e mármore.

9. Pocería e saída de auga á superficie.

10. Carpintería de armar.

11. Albanelería.

12. Instaladores de materiais illantes e protección.

13. Soldadores e colocadores de azulexos.

14. Decoradores de xeso e escaiola.

15. Pintores.

16. Instalacións complementarias da edificación.

17. Reparacións e restauracións de monumentos.

18. Ambientación e axardinamento.

19. Constructores de complexos deportivos.

20. Oficinas consultoras e de proxectos de edificación e obras públicas.

21. Constratistas de obras públicas.

22. Empresas de obras públicas de ámbito nacional.

23. Empresas concesionarias de autoestradas (Constr. delas).

24. Mesturas asfálticas.

25. Obras de dragado en xeral .

26. Sondaxes e pilotaxes.

27. Obras especiais.

28. Conservación e mantemento de autovías, autoestradas, estradas e vías férreas.

Artigo 2º.- Lexislación supletoria.

No previsto no presente convenio será de aplicación a lexislación xeral e o convenio xeral do sector da construcción publicado no BOE do 4-6-1998 e acordo sectorial nacional do 27-4-1998.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

Este convenio é de aplicación a tódalas empresas e traballadores comprendidos no seu ámbito funcional que realicen a súa actividade na provincia de Lugo, aínda cando o domicilio social da empresa radicase fóra dela.

Artigo 4º.-Ámbito persoal.

O convenio afecta a tódolos traballadores e empresas incluídas no ámbito funcional, salvo ó persoal directivo nivel I.

Artigo 5º.-Vixencia e incrementos salariais.

Este convenio terá vixencia para efectos económicos e de xornada laboral desde o 1 de xaneiro de 1998 ata o 31 de decembro de 1998. As condicións económicas para este período son as que figuran na táboa salarial como anexo I. A xornada laboral pactada para este período será a que figura como anexo II.

Artigo 6º.-Cláusula de garantía salarial.

Haberá que aterse ó disposto no acordo sectorial nacional do sector para 1998, que se incorpora como anexo V.

Artigo 7º.-Indivisibilidade e vinculación á totalidad.

Sendo as condicións pactadas un todo orgánico e indivisible, o presente convenio será nulo e quedará sen efecto no suposto de que a xurisdicción competente anulase ou invalidase algún dos pactos. Se se dese tal suposto, as partes signatarias deste convenio comprométense a reunirse dentro dos 10 días seguintes ó da firmeza da resolución correspondente, para o obxecto de resolve-lo problema formulado. Se no prazo de 45 días a partir da data de firmeza da resolución en cuestión, as partes signatarias non alcanzasen un acordo, comprométense a fixa-lo calendario de reunións para a negociación do convenio na súa totalidade.

Artigo 8º.-Rescisión.

A denuncia de rescisión ou revisión do convenio haberá de efectuarse cunha antelación de tres meses á súa data de terminación, mediante comunicación escrita á outra parte.

Artigo 9º.-Absorción, compensación, condicións mínimas e condicións máis beneficiosas.

As condicións do presente convenio absorberán ou compensarán calquera outra que existan á entrada en vigor e as que puidesen establecerse durante a súa vixencia, con respecto ás condicións máis beneficiosas que os traballadores teñan recoñecidas á entrada en vigor do convenio.

Artigo 10º.-Roupa de traballo.

Ó persoal da obra seralle entregada pola empresa unha peza de roupa de traballo ou funda, que terá unha duración de seis meses.

Esta peza será entregada unha vez superado satisfactoriamente o período de proba, e as sucesivas dentro dos primeros días seguintes ó de se cumpriren os seis meses, sendo o uso delas obrigatorio.

A empresa poderá facer constar, nas ditas pezas, o anagrama dela e da actividade.

A conservación e limpeza da citada peza de traballo será por conta do traballador, o cal debe manter un bo estado de conservación.

Artigo 11º.-Médico de empresa.

As empresas que estivesen, ou non, obrigadas por disposición legal, a contar co servicio médico de empresa, quedan facultadas para constituí-lo dito servicio por si soas, por agrupación dalgunha delas, ou ben establecendo un servicio común por mediación da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo.

Sempre que as mutuas patronais ou mutualidades laborais que cobren os riscos de accidente de traballo en cada empresa desexen realizar recoñecementos médicos sobre posibles enfermidades profesionais, así como cando o Gabinete de Seguridade e Hixiene de Lugo programe recoñecementos periódicos no sector, as empresas estarán obrigadas a concede-lo tempo necesario para realizar revisións médicas, logo da debida citación, por escrito, na que deberá figurar: día, hora e lugar de recoñecemento.

Artigo 12º.-Salario mínimo interprofesional.

O salario mínimo interprofesional non modificará a estructura do presente convenio, nin a contía das retribucións salariais e extrasalariais pactadas nel, sempre e cando se lles garanta ós traballadores ingresos superiores, en cómputo anual, ós mínimos fixados por disposicións daquel salario mínimo interprofesional.

En todo caso, ó efectua-la revisión dos conceptos retributivos para o segundo ano en vixencia, terase en conta que o salario base do convenio, en cada categoría profesional, non poderá ser inferior ó salario mínimo interprofesional vixente nese momento.

Réxime de traballo

Artigo 13º.-Período de proba.

1. Poderá concertarse por escrito un período de proba que en ningún caso poderá exceder de:

a) Técnicos titulados: 6 meses.

b) Empregados:

Niveis III, IV e V: 3 meses.

Niveis VI ó X: 2 meses.

Resto de persoal: 15 días naturais.

c) Persoal operario:

Encargados e capataces: 1 mes.

Resto de persoal: 15 días naturais.

2. Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes á súa categoría profesional e posto de traballo que desempeñe, como se fose do cadro de persoal, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que poderán producirse por instancia de calquera das partes durante o transcurso, sen necesidade de aviso previo e sen que ningunha das partes teña dereito a indemnización ningunha; o desistimento deberase comunicar por escrito.

3. Transcorrido o tempo de proba sen que se producise o desistimento, o contrato producirá plenos efectos; o tempo de servicios prestados computarase para efectos de permanencia na empresa.

Na situación de IT, se o empresario non desistise do contrato durante tal situación, suspenderá o período de proba.

4. Os titulares da cartilla profesional expedida pola Fundación Laboral de Construcción, por contrato fixo de obra ou outra modalidade de contrato temporal, estarán exentos do período de proba para os traballos da súa categoría profesional, sempre que conste na cartilla profesional ten acreditado o seu cumprimento en calquera empresa anterior, mentres subsista esta obriga no convenio xeral da construcción.

Artigo 14º.-Conservación do equipo mecánico.

Todo traballador responsable dun equipo mecánico de traballo terá a obriga, durante a xornada laboral -e nos tempos mortos- de coidar da boa conservación e mantemento del, podéndose esixir responsabilidade en caso contrario.

Artigo 15º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral normal de traballo establécese en 1.764 horas efectivas ó ano, que se realizará en razón de 40 horas semanais, a repartir de luns a venres a razón de 8 horas diarias, sendo inhábiles sábados e domingos, conforme o calendario laboral anexo II.

Artigo 16º.-Recuperación de horas non traballadas.

O 70 % das horas non traballadas por interrupción da actividade, debido a causas de forza maior, accidentes atmosféricos, inclemencias do tempo, falta de subministracións ou calquera outra causa non imputable á empresa, recuperaranse a razón dunha hora diaria nos días laborables seguintes, logo de comunicación ós traballadores afectados e, se é o caso, ós seus representantes legais no centro de traballo.

No suposto de que a referida interrupción acade un período de tempo superior a vintecatro horas efectivas de traballo, aplicarase o disposto en materia de suspensión do contrato, por causa de forza maior, no convenio xeral da construcción.

Todo isto mentres subsista esta obriga no convenio xeral da construcción.

Artigo 17º.-Vacacións.

As vacacións terán unha duración de trinta días naturais para tódalas categorías.

O inicio das vacacións por parte dos traballadores farase sempre nun día laborable que non sexa venres, mentres subsista esta obriga no convenio xeral do sector da construcción.

En todo momento haberá que aterse ó disposto no artigo 38 do Estatuto dos traballadores que di textualmente:

1. O período de vacacións anuais retribuídas, non substituíbles por compensación económica, será o

pactado en convenio colectivo ou contrato individual. En ningún caso a duración será inferior a trinta días naturais.

2. O período de desfrute fixarase de común acordo entre o empresario e o traballador, que tamén poderán convir na división en dous do período total. A falta de acordo haberá que aterse ó disposto nos convenios colectivos sobre planificación anual das vacacións, respectándose, en cualquera caso, os criterios seguintes:

a) O empresario poderá excluír como período vacacional aquel que coincida coa maior actividade productiva da empresa, logo de consulta cos representantes legais dos traballadores.

b) Por acordo entre o empresario e os representantes legais dos traballadores poderanse fixa-los períodos de vacacións de todo o persoal, xa sexa en quendas organizadas sucesivamente, xa sexa con suspensión total de actividades laborais, sen máis excepcións que as tarefas de conservación, reparación e similares.

c) Cando exista un réxime de quenda de vacacións, os traballadores con responsabilidades familiares teñen preferencia a que as súas coincidan cos períodos de vacacións escolares.

d) Se existise desacordo entre as partes, a xurisdicción competente fixará a data que para o desfrute corresponda e contra a súa decisión non se poderá recorrer. O procedemento será sumario e preferente.

3. O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. O traballador coñecerá as datas que lle corresponden dous meses antes, polo menos, do comezo do desfrute.

4. As vacacións desfrutaranse por anos naturais. No primeiro ano de prestación de servicios na empresa só se terá dereito ó desfrute da parte proporcional correspondente ó tempo realmente traballado durante o dito ano.

5. O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica. Non obstante, o persoal que cese durante o transcurso do ano terá dereito ó aboamento do salario correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas, como concepto integrante da liquidación pola súa baixa na empresa.

6. Para efectos do devengo de vacaciónss, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de IT, sexa cal for a súa causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase se ó vencemento deste o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución correspondente a vacacións e a prestación de IT.

7. Unha vez iniciado o desfrute do período regulamentario de vacacións, se sobreviñese a situación de IT, a duración dela computarase como días de vacacións, sen prexuízo do dereito do traballador

a percibi-la diferencia entre a retribución correspondente a vacacións e a prestación de IT.

Se a incapacidade temporal se producise despois de pactada a data de inicio para o desfrute individual das vacacións e antes de chega-la dita data, o traballador manterá o dereito a desfruta-las vacacións ata o transcurso do ano natural, e acordarase un novo período de desfrute despois de producida a alta da IT.

O parágrafo anterior non será de aplicación nos supostos de vacacións colectivas de todo un centro de traballo.

8. O desfrute de vacacións, como norma xeral e salvo pacto contrario, terá carácter ininterrompido.

9. A retribución de vacacións consistirá na cantidade fixa establecida nas táboas salariais do convenio.

Artigo 18º.-Permisos e licencias.

1. O traballador, con aviso previo de polo menos 48 horas, salvo acreditada urxencia e xustificación posterior, encóntrase facultado para ausentarse do traballo, mantendo o dereito á percepción de todos aqueles conceptos retributivos que non se encontren vinculados de forma expresa á prestación efectiva da actividade laboral, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días naturais por nacemento ou adopción dun fillo.

c) Un día por matrimonio de fillos.

d) Tres días naturais por falecemento do cónxuxe e parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

e) Dous días naturais por enfermidade grave do cónxuxe e parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

f) Un día por traslado do domicilio habitual.

g) Polo tempo necesario para concorrer a exames como consecuencia dos estudios que estea a realizar en centros de ensino universitarios ou de formación profesional de carácter público ou privado, recoñecidos.

Cando polos motivos expresados nos apartados b), c), d) e e) o traballador necesite efectuar un desprazamento para o efecto, os prazos sinalados neles incrementaranse en dous días naturais.

2. Nas mesmas condicións que as previstas no punto 1 do presente artigo, o traballador poderá ausentarse do traballo polo tempo necesario para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cuando conste nunha norma legal un período determinado de ausencia, haberá que aterse ó que esta dispoña, en canto á súa duración e compensación económica.

No suposto de que, polo cumprimento do deber ou desempeño do cargo público, o traballador per

ciba unha compensación económica, cualquera que sexa a súa denominación, descontarase o importe da retribución a que tivese dereito na empresa.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade de prestación de traballo en máis do vintecinco por cento das horas laborables nun período de tres meses, a empresa encóntrase facultada para decidi-lo paso do traballador afectado á situación de excedencia forzosa, con tódolos efectos inherentes a ela.

3. Os traballadores, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito, sen perda ningunha de retribución, a unha hora diaria de ausencia do traballo que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, e igualmente sen perda de retribución, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada laboral en media hora diaria coa mesma finalidade. No caso de que a nai e o pai traballen, este permiso poderá ser desfrutado unicamente por un deles.

4. O traballador que, por razóns de garda legal, teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou a un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retributiva, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario, entre un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

O exercicio deste dereito por parte do traballador durante os primeros nove meses de vida do menor é incompatible co previsto no número 3 do presente artigo.

Réxime económico

Artigo 19º.-Percepcións económicas.

1. Do conxunto de percepcións económicas, en diñeiro ou en especie, que o traballador obtén na relación de traballo por conta allea, unhas percíbeas como retribución ou contraprestación directa pola prestación do seu traballo e son as que constitúen o salario. Outras percíbeas como compensación de gastos, como prestacións e os seus complementos e indemnizacións ou por modificacións na súa relación de traballo, e ningunha delas forma parte do salario por seren percepcións de carácter extrasalarial.

2. Percepcións económicas salariais:

a) Salario base é aquela parte da retribución que se fixa atendendo exclusivamente á unidade de tempo, co rendemento normal esixible, de acordo coa táboa salarial exposta no anexo I.

b) Complementos salariais ou cantidade que, se é o caso, deba engadírselle ó salario base, atendendo ás seguintes circunstancias distintas da unidade de tempo:

Persoais, tales como antigüidade consolidada, se é o caso.

De posto de traballo, tales como as derivadas de traballo, incentivos, traballos a obra feita, pluses

de actividade ou asistencia ou horas extraordinarias.

As cantidades que as empresas lles aboen libre e voluntariamente ós seus traballadores.

As pagas extraordinarias e a retribución de vacacións.

3. Percepcións económicas non salariais:

a) As prestacións e indemnizacións da Seguridade Social e os seus complementos.

b) As indemnizacións ou suplidos por gastos que tivesen que ser realizados polo traballador como consecuencia da súa actividade laboral, tales como ferramentas e roupa de traballo, así como as cantidades que se aboen en concepto de axudas de custo, gastos de viaxe ou locomoción, pluses extrasalariais e aquelas diferencias de aluguer ou custo de vivenda que viñese percibindo o traballador, en aplicación do artigo 146.7º da derrogada, para o sector da construcción, ordenanza laboral da construcción.

c) As indemnizacións por cesamentos, mobilidade xeográfica, suspensións, extincións, resolucións de contrato ou despedimento e accidente de traballo e enfermidade profesional.

4. Aqueles complementos salariais que teñan carácter funcional ou circunstancial, como os de posto de traballo, os de calidade ou cantidade de traballo realizado, e as cantidades que as empresas aboen libre e voluntariamente, consideraranse non consolidables no salario do traballador e non se computarán como base das percepcións enumeradas no número 2 deste artigo.

Artigo 20º.-Estructura das percepcións económicas.

1. Conceptos salariais e extrasalariais que forman parte da táboa de percepcións económicas.

a) Os conceptos son os seguintes:

Salario base .

Gratificacións extraordinarias.

Pluses salariais.

Pluses extrasalariais.

b) No concepto gratificacións extraordinarias enténdese incluída a retribución de vacacións.

c) Nos pluses salariais considéranse incluídos tódolos complementos que se pacten, que constitúan contraprestación directa do traballo e non compensación de gastos orixinados por asistir ou realiza-lo traballo.

d) En pluses extrasalariais considéranse incluídos cantos conceptos se pacten de carácter indemnizatorio de gastos orixinados ó traballador pola prestación do seu traballo, tales como distancia, transporte, percorrido, ferramentas e roupa de traballo.

2. Dentro do citado espírito de homoxeinización e racionalización, acórdase establece-las proporcións que deben gardar algúns dos conceptos, en

relación co total anual pactado nas táboas de percepcións económicas do presente convenio.

a) Os conceptos de salario base e gratificacións extraordinarias definidas no artigo anterior, sumados, deberán quedar comprendidos entre o 65% e o 75% do total anual das táboas do convenio para cada categoría ou nivel.

b) O plus extrasalarial deberá quedar comprendido durante 1998 para cada categoría ou nivel retributivo, entre o 5% e o 9%.

c) Os pluses salariais sumados ocuparán a restante porcentaxe que resulte de aplica-los dous criterios anteriores sobre o total anual das táboas do convenio, para cada categoría ou nivel retributivo.

3. Ademais dos conceptos descritos, poderán existir no recibo de salarios dos traballadores as restantes percepcións a que fai referencia o artigo anterior.

Todo isto mentres subsistan estas obrigas no convenio xeral do sector da construcción.

Artigo 21º.-Devengo das percepcións económicas.

1. O salario base devengarase durante tódolos días naturais, polos importes que para cada categoría e nivel se establecen no anexo I.

2. Os pluses salariais de convenio devengaranse durante os días efectivamente traballados, polos importes que para cada categoría e nivel se fixen no anexo I.

3. Os pluses estrasalariais de convenio devengaranse durante os días de asistencia ó traballo, polos importes que se fixan no anexo I.

4. As pagas extraordinarias devengaranse por días naturais, na seguinte forma:

a) Paga de xuño: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

b) Paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

5. A remuneración anual mencionada comprenderá tódalas percepcións económicas pactadas no convenio, por nivel e categoría profesional.

De acordo coas formas de devengo, a remuneración anual estará dada pola seguinte fórmula:

RA=SBx335+{(PS+PE)xnúmero de días efectivos de traballo)}+vacacións+PX+PN.

RA=remuneración anual.

SB=salario base.

PS=pluses salariais.

PE=pluses extrasalariais.

PX=paga de xuño.

PN=paga de Nadal.

Artigo 22º.-Pagamento das percepcións económicas.

1. Pagamento do salario.

a) Tódalas percepcións, excepto as de vencemento superior ó mes, aboaranse mensualmente, por perío

dos vencidos e dentro dos primeiros cinco días hábiles do mes seguinte ó do seu devengo, aínda que o traballador terá dereito a percibir quincenalmente anticipos cunha contía non superior ó 90% das cantidades devengadas.

b) As empresas destinarán ó pagamento a hora inmediatamente seguinte á finalización da xornada ordinaria, nas datas habituais de pagamento. Cando por necesidades organizativas se realice o pagamento dentro da xornada laboral, esta interromperase e prolongarase despois do horario de traballo polo tempo empregado no pagamento, sen que en ningún caso tal prolongación poida exceder en máis dunha hora.

c) O tempo empregado no pagamento de retribucións e anticipos a conta delas quedará exento do cómputo da xornada laboral, considerándose como de simple permanencia no centro de traballo e polo tanto, non retribuído para ningún efecto.

d) As empresas quedan facultadas para pagaren as retribucións e anticipos por conta deles, mediante cheque, transferencia ou outra modalidade de pagamento a través de entidade bancaria ou financeira. Se a modalidade de pagamento fose cheque, o tempo investido no seu cobramento será por conta do traballador.

As empresas que estean obrigadas a efectuaren o pagamento de salarios por talón bancario ingresarán o importe deles, por petición do traballador, na conta bancaria que sinale o traballador, sen que iso poida ocasionar mingua ou gasto ningún para os citados.

e) O traballador deberá facilitarlle á empresa o tempo do seu ingreso ou incorporación a ela, o seu número de identificación fiscal (NIF), de conformidade coa normativa aplicable ó respecto.

2. O réxime retributivo salarial, para tódolos traballadores comprendidos no presente convenio, será o establecido para cada categoría profesional nas táboas salariais que figuran como anexo.

Para unha maior simplificación dos cálculos retributivos, como anexo ó presente convenio, tamén figurará a táboa de retribucións mensuais e anuais de tódalas categorías profesionais.

Para tódalas categorías os salarios estipúlanse mensualmente, con independencia do número de días naturais de cada mes.

Cando proceda a aplicación do salario/día, resolverase dividindo a retribución mensual por trinta (30).

O persoal que cese durante o período de prórroga do convenio terá dereito a percibir como atrasos o tanto por cento que se determine a primeiro de ano entre a representación sindical e patronal, que terá como base o IPC previsto polo Goberno.

Artigo 23º.-Plus de asistencia, puntualidade e productividade.

Establécese este plus coa contía que figura no anexo I para os traballadores que con rendemento

normal e correcto e ademais coa debida puntualidade non teñan ninguna falta de asistencia, inxustificada, ó traballo.

Para estes efectos, non se entenden inxustificadas as faltas en situación de baixa por enfermidade ou accidente, período vacacional, licencias retributivas ó amparo do convenio xeral do sector e demais disposicións vixentes e licencias retributivas con permiso ou expresa autorización da empresa. O dito plus será satisfeito unicamente por xornada completa realmente traballada.

Polo seu carácter de complemento de calidade, queda excluído directamente da base para o cálculo do importe das horas extraordinarias.

Artigo 24º.-Perda do plus de asistencia, puntualidade e productividade.

A primeira xornada non traballada completa suporá a perda de catro días de plus, ademais das retribucións correspondentes ós ditos días.

A segunda xornada non traballada completa suporá a perda de dez días de plus, ademais das retribucións totais ós ditos días.

A terceira xornada non traballada completa suporá a perda do importe total mensual do dito plus, ademais das retribucións correspondentes ós ditos días.

As faltas non xustificadas computaranse dentro de cada mes natural.

Para a determinación deste plus diario, para tódolos efectos, dividirase entre vintecinco (25) a cantidade que figura, baixo este concepto nas táboas de salario anexo I. A perda deste plus é independente das sancións que, por comisión de faltas de asistencia, poidan ser impostas pola empresa consonte as disposicións en vigor sobre a materia.

Puntualidade. Respecto ó horario de traballo, por parte dos traballadores, a puntualidade é de necesaria observancia e esixiráselles a tódolos traballadores comprendidos por este convenio.

Artigo 25º.-Horas extraordinarias.

As partes que asinan o presente convenio acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable a realización de horas extraordinarias, axustándose ós seguintes criterios:

a) As horas extraordinarias, en todo caso, pola súa natureza, serán voluntarias de acordo coas disposicións vixentes, agás as que teñan a súa causa en forza maior.

b) Considéranse horas extraordinarias estructurais as motivadas por pedidos ou puntas de producción, ausencias imprevistas, cambio de quenda e perda ou deterioración da producción, ou por calquera circunstancia de carácter estructural que altere o proceso normal de producción.

c) O número de horas extraordinarias que realice cada traballador, agás nos supostos de forza maior, non excederá de 2 ó día, 20 ó mes e 80 ó ano.

d) O importe das horas extraordinarias para cada unha das categorías é o que se determina na táboa anexo I.

e) As empresas, sempre e cando non se perturbe o normal proceso productivo, poderán compensa-la retribución das horas extraordinarias por tempos equivalentes de descanso.

No suposto de que se realizase a compensación prevista no parágrafo anterior, as horas extraordinarias compensadas non se computarán para os efectos dos límites fixados para elas na letra c deste artigo.

Complementos salariais

Artigo 26º.-Antigüidade consolidada. Aumentos periódicos por anos de servicios.

Como consecuencia do acordo sectorial nacional da construcción sobre o concepto económico de antigüidade, asinado o 18 de outubro de 1996 (Boletín Oficial del Estado, do 21 de novembro), ámbalas partes asinantes asumen os seguintes compromisos:

a) Os traballadores manterán e consolidarán os importes ós que tivesen dereito polo complemento persoal de antigüidade o 21 de novembro de 1996.

Ó importe anterior así determinado engadiráselle, se é o caso, a cada traballador que xa viñese percibindo algunha contía por este concepto, o importe equivalente á parte proporcional de antigüidade que o traballador tivese devengada e non cobrada o 21 de novembro de 1996, que se calculará, por defecto ou por exceso, por anos completos. Para o cálculo do importe desta parte de antigüidade devengada e non cobrada, teranse en conta os importes que para cada categoría e nivel fixe o convenio.

b) Os importes obtidos ó abeiro do previsto na letra a) manteranse invariables e por tempo indefinido como un complemento retributivo ad personam, é dicir, non sufrirán modificacións en ningún sentido e por ningunha causa, extinguíndose xustamente coa extinción do contrato do traballador afectado coa súa empresa. O dito complemento retributivo ad personam reflectirase nos recibos oficiais de salario coa denominación de antigüidade consolidada.

Artigo 27º.-Gratificacións extraordinarias.

1. Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito exclusivamente a dúas pagas extraordinarias ó ano, que se aboarán nos meses de xuño e decembro, antes dos días 30 e 20 de cada un deles.

2. A contía das pagas extraordinarias será, para cada categoría ou nivel, o importe que figura na táboa salarial do anexo I, máis antigüidade consolidada.

3. As ditas pagas extraordinarias non se devengarán, mentres dure calquera das causas de suspensión de contrato previstas no artigo 45 do Estatuto dos trabajadores.

Artigo 28º.-Proporcionalidade no devengo das pagas extraordinarias.

O importe das pagas extraordinarias para o persoal que, en razón da súa permanencia, non teña dereito á totalidade da súa contía, será rateado conforme os seguintes criterios:

a) O persoal que ingrese ou cese no transcurso de cada semestre natural devengará a paga en proporción ó tempo de permanencia na empresa durante este.

b) Ó persoal que cese no semestre respectivo faráselle efectiva a parte proporcional da gratificación no momento de realiza-la liquidación dos seus haberes.

c) O persoal que preste os seus servicios en xornada reducida ou a tempo parcial devengará as pagas extraordinarias en proporción ó tempo efectivamente traballado.

Artigo 29º.-Traballos especialmente penosos, tóxicos, perigosos.

1. Ós traballadores que teñan que realizar labores que resulten excepcionalmente penosos, tóxicos ou perigosos, deberá aboárselles un incremento do 20% sobre o seu salario base. Se estas funcións se efectuasen durante a metade da xornada ou en menos tempo, o plus será do 10%.

2. As cantidades iguais ou superiores ó plus fixado neste artigo que estean establecidas ou establezan as empresas serán respectadas sempre que fosen concedidas polos conceptos de excepcional penosidade, toxicidade ou perigosidade, caso no que non será esixible o aboamento dos incrementos fixados neste artigo. Tampouco estarán obrigadas a satisface-los citados aumentos aquelas empresas que os teñan incluídos, en igual ou superior contía, no salario de cualificación do posto de traballo.

3. Se por calquera causa desaparecesen as condicións de excepcional penosidade, toxicidade ou perigosidade, deixarán de aboarse os indicados incrementos, non tendo por tanto carácter consolidable.

4. En caso de discrepancia entre as partes sobre se un determinado traballo, labor ou actividade debe cualificarse como excepcionalmente penoso, tóxico ou perigoso, correspóndelle á autoridade laboral competente, mediante resolución fundada, e logo dos informes técnicos oportunos, resolve-lo procedente.

Os incrementos económicos que, se é o caso, se deriven da citada resolución, producirán efecto a partir da data en que esta fose notificada, salvo que a resolución dispoña outra data.

Contra a dita resolución poderán recorre-las partes de acordo coa lexislación vixente.

Indemnizacións non salariais

Artigo 30º.-Plus extrasalarial que comprende: plus de transporte, plus de distancia e desgaste de ferramenta.

Co fin de simplifica-lo cómputo de distancia entre o domicilio do traballador e o centro de traballo, así como as indemnizacións ou suplidos polos gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral, aboaránselles a tódolos traballadores, calquera que sexa distancia que separe o centro de traballo do seu domicilio, as cantidades que figuran no anexo I.

Será satisfeito, unicamente, en xornada completa realmente traballada; e non será cotizable para efectos da Seguridade Social e accidentes de traballo, precisamente pola súa condición de indemnizacións ou suplidos polos gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral.

Para a determinación deste plus diario, dividirase entre vintecinco (25) a cantidade que figura no anexo I.

Artigo 31º.-Complemento de hospitalización.

No caso de accidente laboral acontecido no centro de traballo e en horario de traballo, e que dea lugar a hospitalización, a empresa aboará un complemento que, sumado ás prestacións regulamentarias por incapacidade laboral e transitoria, garanta o cento por cento do salario real e durante un período máximo de seis meses, salvo que remate antes o contrato de traballo ou a obra.

Artigo 32º.-Desprazamentos e axudas de custo.

Desprazamentos: no caso de desprazamentos dos traballadores, o empresario poderá optar entre o aboamento das axudas de custo ou o pagamento dos gastos ocasionados, debidamente xustificados.

Axudas de custo: establécese unha axuda de custo igual para tódalas categorías, cos importes que se sinalan a seguir:

a) Axuda de custo completa: 2.418 pesetas diarias en desprazamentos do traballador en días illados ou consecutivos sen exceder de tres días.

1.839 pesetas diarias en desprazamentos do traballador para máis de tres días consecutivos.

b) Media axuda de custo: 1.156 pesetas diarias en desprazamentos do traballador en días illados ou consecutivos sen exceder de tres días.

998 pesetas diarias en desprazamentos do traballador en máis de tres días consecutivos.

Artigo 33º.-Locomoción.

1. Serán por conta da empresa os gastos de locomoción que se orixinen como consecuencia da situación de desprazamento, xa sexa poñendo medios propios á disposición do traballador, xa aboándolle a compensación de 20 pesetas/km.

2. Cando o persoal desprazado que poida volver a pasa-la noite á súa residencia habitual tivese que empregar, como consecuencia do desprazamento, máis dunha hora en cada unha das viaxes de ida e volta ó lugar de traballo desde o centro de traballo correspondente utilizando medios ordinarios de

transporte, o exceso aboaráselle a pro rata do salario de convenio.

Outras disposicións

Artigo 34º.-Traballos de superior categoría.

1. Por necesidades organizativas, de producción ou de contratación, o traballador poderá ser destinado a ocupar un posto de superior categoría á que tivese recoñecida, por prazo que non exceda de seis meses durante un ano ou oito durante dous anos, e terá dereito a percibir, mentres se atope en tal situación, a remuneración correspondente á función efectivamente desempeñada.

2. Transcorrido o dito período, o traballador poderá reclamar da empresa a clasificación profesional adecuada e, se esta non resolvese favorablemente ó respecto no prazo de quince días hábiles e logo do informe, se é o caso, dos representantes legais dos traballadores, poderá reclamala perante a xurisdicción competente, e producirá efectos se estiman a reclamación e, unha vez firme a resolución correspondente, a partir do día no que o interesado solicitou a súa adecuada clasificación.

3. Cando se realicen funcións de categoría superior pero non proceda o ascenso por non reuni-lo interesado os requisitos precisos ó respecto, o traballador terá dereito a percibi-la diferencia retributiva existente entre a categoría asignada e a da función efectivamente realizada.

4. Exceptúanse do anteriormente disposto os traballos de categoría superior que o traballador realice de común acordo coa empresa, co fin de prepararse para o ascenso.

5. O disposto neste artigo non será aplicable, agás no que se refire á retribución, nos supostos de substitución por servicio militar ou prestación social substitutoria, incapacidade temporal, maternidade, permisos e excedencias, nos que a substitución comprenderá todo o tempo que duren as circunstancias que a motivasen.

Todo isto mentres subsista esta obriga no convenio xeral do sector da construcción.

Artigo 35º.-Traballos de inferior categoría.

1. A empresa, por necesidades perentorias, transitorias ou imprevisibles, poderá destinar un traballador a realizar tarefas correspondentes a unha categoría profesional inferior á súa polo tempo imprescindible, comunicándollo ós representantes legais dos traballadores, se os houber; o interesado non poderá negarse a efectua-lo traballo encomendado, sempre que iso non prexudique a súa formación profesional. Nesta situación o traballador seguirá percibindo a remuneración que pola súa categoria e función anterior lle corresponda.

2. A un traballador non se lle poderá impo-la realización de traballos propios de categoría inferior máis de tres meses ó ano, mentres tódolos traballadores da mesma categoría non rotasen na realización das ditas tarefas. Non se considerarán, para

efectos do cómputo, os supostos de avaría ou forza maior.

3. Se o destino de inferior categoria profesional fose solicitado polo propio traballador, asignaráselle a este a retribución que lle corresponda pola función efectivamente desempeñada, pero non se lle poderá esixir que realice traballos de categoría superior a aquela pola que se lle retribúe.

Todo isto mentres subsista esta obriga no convenio xeral do sector da construcción.

Artigo 36º.-Contrato para traballo fixo de obra.

É o contrato que ten por obxecto a realización dunha obra ou traballo determinados.

Este contrato formalizarase sempre por escrito e segundo modelo anexo III.

A duración do contrato e o cesamento do traballador axustarase a algúns destes supostos:

1. Con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra, con independencia da súa duración, e terminará cando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballador na dita obra.

O cesamento dos traballadores deberá producirse cando a realización paulatina das correspondentes unidades de obra fagan innecesario o número dos contratos para a súa execución, debendo reducirse este de acordo coa diminución real do volume de obra realizada.

O cesamento dos traballadores fixos de obra por terminación dos traballos do seu oficio e categoría deberá comunicárselle por escrito ó traballador cunha antelación de quince días naturais. Non obstante, o empresario poderá substituír este aviso previo por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de aviso previo omitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio, todo iso sen prexuízo da notificación escrita do cesamento. A citada indemnización deberá incluírse no recibo de salarios coa liquidación correspondente ó cesamento.

2. Non obstante o anterior, logo de acordo entre as partes, o persoal fixo de obra poderá prestar servicios a unha mesma empresa e en distintos centros de traballo dunha mesma provincia durante un período máximo de tres anos consecutivos sen perde-la dita condición e devengando os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos.

Neste suposto, a empresa deberá comunicarlle por escrito o cesamento ó traballador antes de cumprirse o período máximo de tres anos fixados no parágrafo anterior; cumprido o período máximo de tres anos, se non mediase comunicación escrita de cesamento, o traballador adquirirá a condición de fixo de cadro de persoal. En canto ó aviso previo de cesamento, haberá que aterse ó pactado no suposto primeiro.

3. Se se producise a paralización temporal dunha obra por causas imprevisibles para o empresario principal e allea á súa vontade, tras lle dar conta

a empresa á representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, á comisión paritaria provincial, operarán a terminación de obra e cesamento previstos no número 1, coa excepción do aviso previo. A representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, a comisión paritaria provincial, disporán, se é o caso, dun prazo máximo improrrogable dunha semana para a súa contestación, contada a partir da notificación. O empresario contrae tamén a obriga de lle ofrecer un novo emprego ó traballador cesado cando as causas de paralización da obra desaparecesen. A dita obriga entenderase extinguida cando a paralización se convirta en definitiva. Logo de acordo entre as partes, o persoal afectado por esta terminación de obra poderá incluírse no regulado para o segundo suposto.

Este suposto non poderá ser de aplicación en casos de paralización por conflicto laboral.

Nos supostos primeiro, segundo e terceiro establécese unha indemnización por cesamento do 4,50% calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia de contrato.

Artigo 37º.-Outras modalidades de contratación.

1. Os traballadores que formalicen contratos dos regulados no Real decreto 2546/1994, ou norma que o substitúa, ou formalizasen contratos de fomento de emprego dos regulados polo Real decreto 1989/1984 con anterioridade á súa derrogación, agás, no contrato de fixo de obra regulado no artigo anterior, terán dereito, unha vez rematado o contrato correspondente por expiración do tempo convido, a percibir unha indemnización de carácter non salarial por cesamento do 7 %, se a duracion fose igual ou inferior a trescentos sesenta e cinco días, e do 4,5 % se a duración fose superior a trescentos sesenta e cinco días, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicable devengados durante a vixencia do contrato.

Estes contratos formalizaranse sempre por escrito.

2. O contrato de duración determinado previsto no número 1.b) do artigo 15 do Estatuto dos traballadores poderá concertarse para cubrir postos en centros de traballo que non teñan a consideración de obra, tendo unha duración máxima de doce meses nun período de dezaoito meses, e esta duración computarase desde que se produza a causa que xustifica a súa celebración. En tales supostos, considérase que se produce a causa que xustifica a celebración do citado contrato, nos casos previstos no Estatuto dos traballadores, cando se incremente o volume de traballo ou se considere necesario aumenta-lo número de persoas que realicen un determinado traballo ou presten un servicio.

3. As empresas afectadas por este convenio, cando utilicen os servicios de traballadores con contratos de posta á disposición, aplicarán as condicións pactadas nel.

4. Contrato para a formación.

4.1. O sector recoñece a importancia que o contrato para a formación pode ter para a incorporación, con adecuada preparación, de determinados colectivos de mozos. Esta preparación debe recoller tanto o aspecto práctico de cada oficio como o coñecemento e adecuación ó sistema educativo xeral. Debemos, por iso, indica-la oportunidade de que a formación teórica e práctica correspondente ós contratos para a formación se leve a cabo a través das institucións formativas de que se dotou o sector.

4.2. O contrato para a formación terá como obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o adecuado desempeño dun oficio cualificado no sector da construcción.

4.3. Sen prexuízo da posible adaptación a novas tecnoloxías e de resultas da clasificación profesional actualmente prevista no artigo 31 do convenio xeral do sector da construcción, poderán ser obxecto deste contrato para a formación os oficios incluídos nos niveis VIII e IX da disposición transitoria primeira do convenio xeral do sector da construcción.

4.4. O contrato para a formación poderase celebrar con traballadores que cumprisen os dezaseis anos e sexan menores de vinteún anos, que non teñan a titulación requirida pra formalizar contrato en prácticas no oficio ou posto de formación, ou que aprobasen algún curso de formación profesional ocupacional homologado da mesma especialidade e cun número de horas teóricas equivalente ou superior ás previstas para a formación.

4.5. O tipo de traballo que debe presta-lo traballador en formación estará directamente relacionado coas tarefas propias do oficio ou posto cualificado, entre os que se inclúen os labores de limpeza e mantemento dos utensilios e ferramentas empregados no labor conxunto, coa dilixencia correspondente á súa aptitude e coñecementos profesionais.

Non poderán ser contratados baixo esta modalidade, por razón de idade, os menores de dezaoito anos para os oficios de vixilante, poceiro e esteador, nin para aquelas tarefas ou postos de traballo que expresamente fosen declarados como especialmente penosos, tóxicos, perigosos e insalubres, con independencia da prohibición legal de realizar horas extraordinarias e traballo nocturno en calquera actividade.

4.6. A duración do contrato non poderá ser inferior a seis meses nin exceder dos dous anos, sen prexuízo do establecido no número 4.10.

Cando se celebre por un prazo inferior ó máximo establecido no parágrafo anterior, poderá prorrogarse antes do seu remate por acordo entre as partes, unha ou máis veces, por períodos non inferiores a seis meses, sen que o tempo acumulado, incluído o das prórrogas, poida exceder do referido prazo máximo. O aviso previo de remate do contrato deberá axustarse ós prazos e forma que indica o artigo 28.1º do convenio xeral do sector da construcción.

Expirada a duración máxima do contrato para a formación, o traballador non poderá ser contratado baixo esta modalidade pola mesma ou distinta empresa.

4.7. Para a impartición do ensino teórico adoptarase como modalidade a de acumulación de horas nun día da semana ou ben o necesario para completar unha semana enteira de formación. No contrato deberase especifica-lo horario de ensino.

O empresario, no contrato de traballo, está obrigado a designa-la persoa que actuará como titor do traballador en formación, que deberá ser aquela que, polo seu oficio ou posto cualificado, desenvolve a súa actividade auxiliada por este; o traballador poderá asumi-las titorías, sempre que desenvolva a súa actividade profesional na mesma obra có traballador en formación.

4.8. A retribución dos contratados para a formación será a seguinte:

Táboas salariais de contratados para a formación:

De dezaseis e dezasete anos:

Primeiro ano: 55 %.

Segundo ano: 60 %.

De dezaoito e vinteún anos:

Primeiro ano: 65 %.

Segundo ano: 70 %.

Porcentaxes referidas ó salario do nivel IX das táboas de cada convenio.

A dita retribución enténdese referida a unha xornada do 100 % de traballo efectivo.

4.9. Os contratados en formación devengarán o plus extrasalarial regulado no artigo 64 do convenio xeral do sector da construcción en igual contía có sinalado no respectivo convenio colectivo provincial para o resto dos traballadores, durante os días que dure o contrato.

4.10. Toda situación de incapacidade temporal do contratado para a formación inferior a seis meses comportará a ampliación da duración do contrato por igual tempo a aquel no que o contrato estivese suspendido.

4.11. Se, concluído o contrato, o contratado para a formación non continuase na empresa, esta entregaralle un certificado acreditativo do tempo traballado con referencia ó oficio obxecto da formación e do aproveitamento que, ó seu xuízo, obtivo na súa formación práctica.

Así mesmo, o traballador contratado para a formación terá dereito a unha indemnización por cesamento do 4,5%, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia do contrato.

A Fundación Laboral da Construcción, a través dos seus centros propios ou colaboradores, dará a cualificación a través das probas correspondentes, previamente homologadas, tanto do aproveitamento

teórico coma práctico, e decidirá o seu pase á categoría de oficial.

Todo isto mentres subsistan estas obrigas no convenio xeral do sector da construcción.

Artigo 38º.-Conversión de contratos temporais en indefinidos.

De conformidade coa remisión á negociación colectiva contida no número 2 b) da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, acórdase que a partir do 16 de maio de 1998, os contratos de duración determinada ou temporal, incluídos os contratos formativos, poderán ser convertidos en contratos para o fomento da contratación indefinida, suxeitos ó réxime xurídico establecido na expresada disposición adicional.

Artigo 39º.-Integración social de minusválidos.

Para os efectos do previsto no artigo 38.1º da Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social de minusválidos, e tendo en consideración que as actividades e traballos nas obras comportan riscos para a saúde e seguridade dos traballadores, o cómputo do 2% realizarase sobre o persoal adscrito a centros de traballo permanentes.

Artigo 40º.-Subcontratación.

As empresas que subcontraten con outras do sector execución de obras ou servicios, responderán ante traballadores das empresas subcontratistas nos termos establecidos no artigo 42 do Estatuto dos traballadores quedando referido o límite de responsabilidade da dita disposición ás obrigas de natureza salarial e cotizacións á Seguridade Social derivadas do convenio colectivo aplicable ó nace-la dita responsabilidade, ou ás derivadas do seu contrato de traballo, se fosen superiores.

Así mesmo, estenderase a responsabilidade á indemnización de natureza non salarial por morte ou incapacidade permanente absoluta derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional pactada no convenio aplicable.

A empresa principal deberá establecer baixo a súa responsabilidade nos centros de traballo en que presten servicio traballadores de empresas subcontratistas, os mecanismos de coordinación adecuados para a prevención de riscos, información sobre eles, e en xeral, a canto se relacione coas condicións de seguridade e saúde dos traballadores, así como hixiénico-sanitarias.

Artigo 41º.-Recibo de saldo.

1. O recibo de saldo da relación laboral entre empresa e traballador deberá ser conforme o modelo que figura como anexo IV deste convenio. A Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Lugo editarao e proverao de exemplares a tódalas empresas do sector da provincia.

2. Toda comunicación de cesamento ou de aviso previo de cesamento deberá ir acompañada dunha proposta de saldo do modelo citado. Cando se utilice

como proposta non será preciso cubri-la parte que figura despois da data e lugar.

3. O recibo de saldo, que será expedido pola Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Lugo numerado, selado e datado, terá validez unicamente dentro dos quince días seguintes ó da data en que foi expedido. A organización patronal que o expida está obrigada a levar un rexistro que conteña os datos anteriormente expresados.

4. Unha vez asinado polo traballador, o recibo de saldo producirá os efectos liberatorios que lle son propios.

5. Nos supostos de extinción de contrato por vontade do traballador non serán de aplicación os parágrafos segundo e terceiro deste artigo.

6. O traballador poderá estar asistido por un representante dos traballadores ou, no seu defecto, por un representante sindical dos sindicatos asinantes do presente convenio, no acto da sinatura do recibo de saldo.

Aviso previo de cesamento

O persoal que cese incumprindo o requisito de comunicarllo á empresa por escrito, con dez días de antelación, efectivos de traballo perderá unicamente o dereito ó cobramento de tódalas percepcións correspondentes ós días de atraso no aviso previo:

Artigo 42º.-Indemnizacións por morte e incapacidade permanente absoluta derivada de accidentes de traballo ou enfermidade profesional.

1. Establécense as seguintes indemnizacións para os traballadores afectados por este convenio :

a) En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha mensualidade de tódolos conceptos das táboas do convenio aplicable vixentes en cada momento.

b) En caso de morte, incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional, a cantidade de 5.250.000 ptas. no ano 1998, para a cobertura do cal as empresas subscribirán unha póliza individual ou colectiva que haberán de exhibir ó traballador que así o solicite.

2. Salvo designación expresa de beneficiarios polo asegurado, a indemnización faráselle efectiva ó traballador accidentado ou, no caso de morte, ós beneficiarios do traballador, segundo as normas de Seguridade Social.

A indemnización comezará a obriga-lo día 1 do mes siguiente ó da entrada en vigor do convenio, e o seu importe considerarase entrega a conta das cantidades que como indemnización con cargo á empresa fixen os tribunais de calquera orde xurisdiccional.

Artigo 43º.-Xubilación.

a) Xubilación voluntaria anticipada.

1. Os traballadores que cumprisen sesenta e tres anos e non teñan sesenta e cinco cando soliciten a xubilación, e esta sexa posible, terán dereito á

percepción das indemnizacións económicas que se establecen a continuación, en función da idade do traballador e dos seus anos de antigüidade na empresa:

Antigüidade na

empresa

Idade

Meses

indemnización

2 a 52
6 a 103
11 a 20634
21 a 305
Máis de 306
2 a 51
6 a 102
11 a 20643
21 a 304
Máis de 305

As cifras da columna da dereita indican o número total de meses de salario en que se cuantifica a indemnización.

O salario mensual refírese á xornada normal, excluíndo, se é o caso, as horas extraordinarias.

2. Os requisitos necesarios para que naza tal dereito son os seguintes:

a) Que se efectúe de mutuo acordo entre a empresa e o traballador xubilable. O acordo reflectirase por escrito, establecendo claramente a cantidade que corresponde en concepto de indemnización, conforme a táboa anterior.

b) Que o traballador leve dous anos: como mínimo, de servicios ininterrompidos na empresa obrigada ó pagamento da indemnización, no momento de solicita-la xubilación anticipada.

3. A xubilación voluntaria anticipada, nos termos establecidos e coa indemnización que proceda, en cada caso, segundo a táboa anterior, comprometerá ó empresario a lle dar ocupación a outro traballador polo tempo estricto que lle faltase ó xubilable para cumpri-los sesenta e cinco anos. A contratación do traballador substituto deberá facerse conforme a unha das modalidades de contratación temporal ou eventual previstas, en cada momento, pola lexislación vixente, e, ó mesmo tempo, cos seguintes condicionamentos.

a) Que non exista na empresa persoal fixo de cadro dispoñible, en expectativa de destino ou realizando otras funcións distintas ás da súa categoría laboral, para cubri-la vacante producida. O acordo da empresa e o traballador xubilable deberá serlles comunicado de inmediato, se é o caso, ós representantes dos traballadores no seo da empresa ou centro de traballo correspondente.

b) A contratación do traballador substituto farase para o posto e categoría profesional máis acorde coas necesidades da empresa, deixando a salvo as expectativas de promoción dos restantes traballadores da empresa de que se trate.

4. No caso de que a indemnización pactada entre empresa e traballador xubilable fose superior á ante

riormente establecida, a duración do contrato temporal ou eventual do traballador substituto poderá reducirse en tantos meses cantas mensualidades de máis se aboen en concepto de indemnización.

a) Xubilación anticipada ós 64 anos como medida de fomento de emprego.

Haberá que aterse ó disposto ó respecto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

b) Xubilación forzosa.

Como política de fomento de emprego e por necesidades do mercado de traballo no sector e con independencia das dúas clases de xubilación a que se refieren os apartados inmediatamente precedentes, establécese a xubilación forzosa ós sesenta e cinco anos de idade, salvo pacto individual en contrario, dos traballadores que teñan cuberto o período mínimo legal de carencia para obtela.

Artigo 44º.-Organización e productividade no traballo.

A organización técnica e práctica do traballo é facultade exclusiva da dirección da empresa, que se axustará ás normas e recomendacións do convenio xeral do sector da construcción, demais normativa de aplicación e a unha productividade correcta no traballo.

As táboas de rendementos mínimos que figuran como anexo no convenio de vixencia do 1 de xuño de 1982 ó 31 de maio de 1984, incorpóranse ó presente convenio como partes integrantes del, sen que se proceda a súa reproducción.

As táboas mencionadas que coinciden en todo, como as vixentes no convenio da construcción de Madrid de 1979 considéranse completadas, en todo momento, coas que fosen incorporadas desde a dita data, ou durante a vixencia do presente convenio sexan incluídas a el, no mencionado convenio para a provincia de Madrid.

Cando se decida obter verificación do cumprimento das táboas dos niveis normais de productividade, e para evitar posibles discriminacións, terán que efectuarse a todo o persoal, de cada centro de traballo, a que fai referencia o presente convenio. A empresa deberá entregarlles ó traballador ou traballadores suxeitos a tal verificación o parte de traballo, segundo modelo incorporado como anexo ó presente convenio, no que figurará o nome do dito traballador, a data, a especificación da unidade, e, se é o caso, o número de traballadores suxeitos para tal verificación, o parte de traballo, segundo modelo incorporado, como anexo ó presente convenio, no que figurará o nome do dito traballador, a data, a expecificación da unidade, e se é o caso, o número de traballadores implicados na execución dela, así como as súas categorías e un apartado para observacións.

O parte de traballo será cuberto polo mando correspondente e asinado polo traballador, facilitándoselle copia do dito parte.

O cómputo da mediación será referido a cada semana natural de traballo.

As unidades publicadas non serán aplicables a ningún traballador maior de 55 anos, en traballos de carácter individual, pero si nos traballos que poidan realizarse formando equipo ou cuadrilla.

Artigo 45º.-Seguridade e saúde no traballo.

En todo momento haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores convenio xeral da construcción e demais lexislación vixente sobre a materia.

As partes signatarias acordan constituí-la comisión mixta paritaria provincial sectorial de seguridade e hixiene, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do presente convenio e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Lugo igual ó total das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

a) Solicitar do Ministerio de Traballo e do Goberno da Xunta de Galicia o recoñecemento oficial como interlocutor social sectorial en materia de seguridade e hixiene, tanto no seu aspecto lexislativo como no desenvolvemento dos plans e medidas formativas.

b) Estudiar e acorda-los mecanismos oportunos de coordinación da información provincial en materia de sinistralidade no sector, que subministrarán as comisións específicas provinciais, ou no seu defecto, as comisións paritarias dos convenios.

c) Promover cantas medidas considere tendentes a mellora-la situación do sector nesta materia, tendendo como obxecto fundamental estende-la preocupación pola seguridade a tódolos niveis, fomentando compañas de mentalización, etc.

d) Acomete-las xestións necesarias para obte-los medios que lle permitan desenvolve-las súas funcións coa eficacia adecuada.

Artigo 46.-Formación continua.

Para aqueles traballadores que asistan a accións formativas presenciais, correspondentes á convocatoria da FORCEM 1998, xestionadas pola Fundación Laboral da Construcción, o 50% das horas que precise esa acción será dentro da xornada laboral, ou se deducirán desta na dita porcentaxe, sempre que se dean as seguintes condicións:

a) A empresa poderá denega-la asistencia dun traballador a unha acción formativa mediante resolución motivada, por razóns técnicas, organizativas ou de producción. En caso de denegación, o traballador poderá recorrer perante a comisión territorial da FLC.

b) Os traballadores que poden asistir ás accións formativas recollidas neste artigo non superarán anualmente o 10 % dos cadros de persoal nin, naqueles centros de traballo con menos de 10 traballadores poderá concorrer máis de un.

c) O 50 % das horas por conta da empresa suporá un máximo anual de 20 horas por traballador, que se poderán distribuír nunha ou varias accións formativas.

d) O traballador solicitante deberá ter superado o período de proba e ter, en todo caso, unha antigüidade mínima dun mes na empresa.

e) Durante as horas formativas por conta da empresa, o traballador terá dereito ó salario que lle correspondería como se estivese traballando en xornada ordinaria.

f) O traballador deberá acreditar ante a empresa a asistencia á correspondente acción formativa.

g) Os permisos individuais de formación recollidos no II Acordo Nacional de Formación Continua rexeranse polos dispostos nel.

Artigo 47º.-Antigüidade dos candidatos en eleccións de representantes dos traballadores.

En desenvolvemento do disposto no artigo 69.1º do Estatuto dos traballadores e pola mobilidade do persoal no sector, acórdase que no ámbito deste convenio colectivo poderán ser elixibles os traballadores que teñan dezaoito anos cumpridos e unha antigüidade na empresa, polo menos, de tres meses.

Artigo 48º.-Dos sindicatos e dos comités de empresa.

Haberá que aterse ó disposto para o efecto no convenio xeral do sector da construcción e demais lexislación aplicable.

Artigo 49º.-Comisión mixta paritaria.

Para interpreta-lo contido deste convenio, vixia-lo seu cumprimento e exercer funcións de arbitraxe, nos problemas ou cuestións suscitadas como consecuencia da súa aplicación, noméase unha comisión mixta paritaria, integrada por un presidente, que será o da comisión deliberadora e como vocais un representante por cada unha das centrais sindicais, asinantes do convenio, e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Lugo, igual ó total dos das centrais sindicais; sendo secretario o vocal de menor idade.

As partes, poderán solicitar un asesor ou experto, cada unha delas.

As partes someten expresamente á dita comisión mixta paritaria cantos problemas xurdan, individuais ou colectivos, na aplicación do presente convenio. A este respecto fíxase, como requisito para poder proceder, a submisión previa do asunto á comisión mixta paritaria do presente convenio.

Artigo 50º

No non previsto por este convenio haberá que aterse ó disposto no convenio colectivo xeral do sector da construcción, e acordo sectorial nacional, e demais normativa legal e regulamentaria, entendéndose derrogada a ordenanza laboral da construcción do 28-8-1970, salvo en materia de clasificación profesional.

ANEXO I

Táboa de retribucións. Vixencia do 1-1-1998 ó 31-12-1998

Niveis

I L

CategoríaSalario

base

Pluses

Asist./Produc.

puntualidade

Plus

extrasalarial

TotalVacaciónsXulloNadalTotal

anual

Valor

hora

extra

IITitulado superior82.40022.23613.416118.052115.066115.066115.0661.643.7701.000

IIITitulado medio, xefe Admvo. 1ª, xefe Secc. Org. 1ª82.30022.23613.416117.952115.066115.066115.0661.642.670995

IVXefe de persoal, Axte. de obra, encargado Xral. de fábrica, encargado xeral82.20022.23613.416117.852115.066115.066115.0661.641.570990

VXefe administrativo de 2ª, delineante superior, encargado xeral de obra, xefes de sección de organización científica do traballo de 2ª, xefe de compras82.10022.23613.416117.752115.066115.066115.0661.640.470985

VIOfic. Admvo. de 1ª, delineante de 1ª, xefe ou encargado de taller, encargado de sección de laboratorio, escultor de pedra e mármore, práctico de topografía de 1ª, técnico de organización, encargado de obra82.03222.23613.416117.684115.066115.066115.0661.639.722980

VIIDelineante de 2ª, técnico de organización de 2ª, práctico de topografía de 2ª, analista de 1ª, viaxante, especialista de oficio, capataz81.37821.17613.217115.771113.968113.968113.9681.615.385965

VIIIOficial Admvo. 2ª, corredor de praza, inspector de control, señalización e servicios, analista de 2ª, oficial 1ª de oficio80.04119.58712.874112.502111.971111.971111.9711.573.435935

IXAuxiliar Admvo., Axte. topográfico, Aux. Organiz., vendedor, conserxe, oficial 2ª de oficio79.37018.34112.652110.363110.794110.794110.7941.546.375920

XAuxiliar de laboratorio, vixilante, almaceneiro, enfermeiro, cobrador, garda xurado, especialista de 1ª, axudante de oficio78.64916.47112.357107.477109.335109.335109.3351.510.252900

Niveis

I L

CategoríaSalario

base

Pluses

Asist./Produc.

puntualidade

Plus

extrasalarial

TotalVacaciónsXulloNadalTotal

anual

Valor

hora

extra

XIEspecialista de 2ª, peón especial77.99515.41112.157105.563108.237108.237108.2371.485.904885

XIILimpadora, peón ordinario77.17114.36411.938103.473106.968106.968106.9681.459.107845

ANEXO II

Calendario laboral correspondente ás actividades de edificación e obras públicas

da provincia de Lugo para o ano 1998

DíaXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembro

1FNDom.Dom.8FN88Sab.88Dom.8

20888Sab.88Dom.8888

3Sab.888Dom.8888Sab.88

4Dom.88Sab.88Sab.88Dom.88

5088Dom.88Dom.8Sab.FL8Sab.

6FN8888Sab.88Dom.88Dom.

78Sab.Sab.88Dom.8888Sab.FN

88Dom.Dom.8888Sab.88Dom.FN

9888FNSab.88Dom.8888

10Sab.88FNDom.8888Sab.88

11Dom.88Sab.88Sab.88Dom.88

12888Dom.88Dom.8Sab.FN8Sab.

1388808Sab.88Dom.88Dom.

148Sab.Sab.88Dom.8888Sab.8

158Dom.Dom.8888FN88Dom.8

168888Sab.88Dom.8888

17Sab.888Dom.8888Sab.88

18Dom.88Sab.88Sab.88Dom.88

1988FNDom.88Dom.8Sab.88Sab.

2088088Sab.88Dom.88Dom.

218Sab.Sab.88Dom.8888Sab.8

228Dom.Dom.8888Sab.88Dom.8

238088Sab.88Dom.8884

24Sab.FL88Dom.8888Sab.80

25Dom.88Sab.88FN88Dom.8FN

26888Dom.88Dom.8Sab.88Sab.

2788888Sab.88Dom.88Dom.

288Sab.Sab.88Dom.8888Sab.8

298Dom.8888Sab.88Dom.8

30888Sab.88Dom.8888

31Sab.8Dom.88Sab.0

TOTXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembro

1.932144144160152160176184168176160168140

NOTA:

1. As festas locais 24 de febreiro e 5 de outubro refírense ó Concello de Lugo. Para o resto dos concellos serán os que se determinan no calendario de festas publicado no BOP nº 241 do 20-10-1997.

2. Os días sinalados como (0) teñen tratamento de festivo no ano 1998 para dar cumprimento ó artigo 70 do convenio xeral do sector da construcción do 21-10-1997 (BOE do 5 de decembro), e non perderán, polo tanto, o seu carácter laboral para futuros convenios. Os traballadores que non desfrutasen de descanso os días sinalados con 0 horas, anteriores á publicación deste calendario, poderán desfrutalos o día anterior ou posterior á festividade local.

3. Cando un festivo local (FL) coincida con algún festivo convenio (0), este pasarase ó día anterior ou posterior laboral.

4. Nos concellos nos que non sexa festivo local ou martes de Entroido (24 de febreiro) pasarase o día 23 ó día anterior ou posterior do primeiro festivo local.

ANEXO III

Contrato de traballo de persoal fixo de obra

En... o... de... de 19...

Reunidos: por parte da empresa,

Don/Dona

DNI En concepto de

Empresa Nº de CIF

Domicilio

Nº S.S. empresa

Domicilio centro de traballo

Nº S.S. centro de traballo

E do traballador,

Don/Dona Nivel de estudios terminados

Data de nacemento DNI

Domicilio

Acordan formaliza-lo presente contrato de traballo persoal fixo de obra, que se rexerá polo disposto no convenio colectivo provincial de traballo para a actividade de, subscrita o día, e

publicado no BOP de Lugo nº....., con data do..., e no seu defecto polo convenio xeral do sector da construcción e demais normativa de xeral observancia e polas cláusulas particulares seguintes:

1. O traballador prestará os seus servicios na categoría de:... na obra de:...

1.1. Non obstante, ámbalas partes tamén acordan que o traballador poderá prestar servicios á empresa, en distintos centros de traballo da provincia durante un período máximo de tres anos consecutivos, sen perde-la condición de fixo de obra, devengando os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos.

1.2. Se o traballador non aceptase, de modo expreso, a prestación de servicios noutras obras distintas da indicada no contrato, darase este por finalizado, e deberá aboarlle á empresa a indemnización que por cesamento se establece no convenio, consistente no 4,50% sobre os conceptos salariais devengados durante a prestación de servicios.

2. O tempo convido é o de duración dos traballos da súa especialidade na obra, onde preste os seus servicios, coa particularidade establecida nos apartados 1.1 e 1.2 do presente contrato; a terminación deberá comunicarse cun período de aviso previo de quince días, substituíble por unha indemnización equivalente ó importe dos conceptos salariais correspondentes ós días omitidos no aviso previo.

3. O período de proba será de... días efectivos de traballo. Durante o período de proba calquera das partes poderá dar por finalizada a relación laboral, sen aviso previo nin formalidade ningunha, nin dereito a indemnización.

4. O traballador percibirá as retribucións que correspondan conforme o convenio vixente para a actividade.

5. A situación de incapacidade laboral transitoria do traballador, durante o período de proba, implicará a interrupción deste mentres dura a incapacidade; poderá rescindirse o contrato conforme o disposto na cláusula 3.

E en proba de conformidade, con todo o exposto, ámbalas partes asinan por cuadruplicado exemplar, o presente documento, en lugar e data indicado.

O/A traballador/aPola empresa

(Sinatura)(Selo e sinatura)

ANEXO V

Acordo sectorial nacional da construcción para 1998

Preámbulo

As partes signatarias, integradas pola Federación Estatal de Construcción, Madera y Afines de Comisións Obreiras (FECOMA-CC.OO.), e traballadores FEMCA-UGT, todas elas en representación laboral, e a Confederación Nacional da Construcción (CNC), en representación empresarial, como organizacións máis representativas do sector da construcción nos seus respectivos ámbitos, e facendo uso das previsións contidas no Art. 3.2º do convenio xeral do sector da construcción (CXSC), acordan,

Artigo 1º.-Ámbito persoal e funcional.

Quedan obrigados polas disposicións do presente acordo sectorial nacional (ASN) tódalas organizacións, asociacións e entidades que integren a empresas e traballadores afectados polo ámbito funcional do convenio xeral do sector da construcción (CXSC).

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O presente acordo será de aplicación en todo o territorio do Estado español.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Este acordo estará vixente no ano 1998, logo da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Artigo 4º.-Alcance obrigacional e normativo.

1. As partes que subscriben o presente acordo, na súa condición de organizacións máis representativas do sector, de conformidade co disposto na Lei orgánica de liberdade sindical, incorporarán obrigatoriamente os ditos acordos ós convenios colectivos provinciais que se negocien en 1998.

2. Os convenios provinciais que estean en vigor parte do ano 1998 manterán as condicións neles xa pactadas, en todo o seu contenido, ata o seu termo temporal, en que se aplicará o disposto no número anterior.

3. Os pactos contidos no presente acordo serán de preferente aplicación sobre calquera outra disposición legal de carácter xeral que rexera nas materias por el reguladas, salvo que sexan de dereito necesario, substituíndoas, por tanto, durante a súa vixencia.

Artigo 5º.-Xornada.

A xornada ordinaria anual durante o período de vixencia deste acordo será de 1.764 horas de traballo efectivo.

Os convenios colectivos provinciais que, á entrada en vigor deste acordo, tiveran una xornada superior, aplicarán a reducción de catro horas á xornada do día 30 de decembro, salvo pacto en contrario.

Artigo 6º.-Incrementos económicos.

1. Para o ano 1998, os convenios provinciais aplicarán un incremento do dous con trinta por cento (2,30%) sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións, e pluses salariais e extrasalariais.

2. O importe das axudas de custo e medias axudas de custo, de acordo co disposto no Art. 85.6º do convenio xeral do sector fixarase no marco dos respectivos convenios colectivos provinciais.

3. Os convenios subscritos para o presente ano manterán as condicións xa pactadas.

4. Os convenios provinciais fixarán o prazo de pagamento dos atrasos correspondentes.

Artigo 7º.-Cláusula de garantía.

1. No suposto de que o incremento anual do índice de prezos ó consumo (IPC) o 31 de decembro de 1998 supere o dous con un por cento (2,1%), efectuarase unha revisión económica sobre o exceso do dito tanto por cento, para efectos de que sirva de base para a negociación colectiva seguinte.

2. A dita revisión, se é o caso, afectará os conceptos previstos no Art. 6º.1.

3. Esta cláusula adaptarase ó período de vixencia de cada convenio colectivo.

Artigo 8º.-Contribución á Fundación Laboral da Construcción.

1. A contribución complementaria das empresas á FLC en 1998 continuará sendo do 0,05% da masa salarial, establecida esta sobre a mesma base base de cálculo das cotas da Seguridade Social de cada traballador.

2. Co obxecto de poder desenvolve-lo plan de reestructuración trienal da FLC 1998-2000, segundo a liña aprobada pola comisión executiva da fundación, para o ano 1998, establécese ademais unha contribución extraordinaria das empresas do 0,1% da masa salarial citada no número anterior. O director xeral disporá de poder suficiente para a súa execución.

3. O pagamento e reacadación da contribución extraordinaria establecida neste artigo efectuarase nos termos e polo procedemento previsto no convenio para a recadación subscrito coa Tesourería Xeral da Seguridade Social e na norma para a formalización do boletín de cotización da FLC, publicados no BOE

do 22-9-1993, por resolución da Dirección Xeral de Traballo do 18-9-1993. As empresas aboarán a contribución extraordinaria correspondente ó período de xaneiro a xuño de 1998 será aboada polas empresas no mes de xullo de 1998.

4. Mantéñense os tipos de recarga por mora previstos nos anexos no convenio de recadación subscrito entre a FLC e a Tesourería Xeral da Seguridade Social, publicado no Boletín Oficial del Estado, do 22 de setembro de 1993.

5. A obriga do empresario de nutri-los fondos que neste acordo se constitúen pasa a formar parte do ordenamento social. As accións xudiciais que procedan en reclamación das cantidades debidas polas empresas exerceraas en vía laboral o servicio xurídico que para tal fin estableza a fundación.

6. A Fundación Laboral para a Construcción do Principado de Asturias manterá o seu réxime propio mentres non se produza a súa integración conforme o previsto no artigo 110.4º do convenio xeral do sector da construcción.

Artigo 9º.-Conversión de contratos temporais en indefinidos.

De conformidade coa remisión á negociación colectiva contida no número 2 b) da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, acórdase que a partir do 16 de maio de 1998, os contratos de duración determinada ou temporal, incluídos os contratos formativos, poderán ser convertidos en contratos para o fomento da contratación indefinida, suxeitos ó réxime xurídico establecido na expresada disposición adicional.

O pacto establecido no parágrafo precedente intégrase como disposición adicional primeira no convenio xeral do sector da construcción.

Artigo 10º.-Formación continua.

Para aqueles traballadores que asistan a accións formativas presenciais, correspondentes á convocatoria da FORCEM 1998, xestionadas pola Fundación Laboral da Construcción, o 50% das horas que precise esa acción será dentro da xornada laboral, ou deduciranse dela na dita porcentaxe, sempre que se dean as seguintes condicións:

a) A empresa poderá denega-la asistencia dun traballador a unha acción formativa, mediante resolución motivada, por razóns técnicas, organizativas ou de producción. En caso de denegación, o traballador poderá recorrer ante a comisión territorial da FLC.

b) Os traballadores que poden asistir ás accións formativas previstas neste artigo non superarán anualmente o 10% dos cadros de persoal, nin, naqueles centros de traballo con menos de 10 traballadores, poderá concorrer máis dun.

c) O 50% das horas por conta da empresa suporán un máximo anual de 20 horas por traballador, podendo distribuírse nunha ou varias accións formativas.

d) O traballador solicitante deberá ter superado o período de proba e ter, en todo caso, unha antigüidade mínima dun mes na empresa.

e) Durante as horas formativas por conta da empresa o traballador terá dereito ó salario que lle correspondería como se estivese traballando en xornada ordinaria.

f) O traballador haberá de acreditar ante a empresa a asistencia á correspondente acción formativa.

g) Os permisos individuais de formación, recollidos no II Acordo Nacional de Formación Continua, rexeranse polo disposto neste.

Artigo 11º.-Integración social de minusválidos.

Para os efectos do previsto no artigo 38.1º da Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social de minusválidos, e tendo en consideración que as actividades e traballos nas obras comportan riscos para a saúde e seguridade dos traballadores, o cómputo do 2% realizarase sobre o persoal adscrito a centros de traballo permanentes.

Artigo 12º.-Comisión paritaria.

1. Acórdase constituír unha comisión paritaria para a interpretación e seguimento do pactado neste acordo.

2. A dita comisión estará composta por un máximo de doce membros, que serán designados por metades por cada unha das dúas partes, sindical e empresarial, na forma en que decidan as respectivas organizacións.

3. Os acordos da comisión paritaria adoptaranse, en todo caso, por unanimidade de ámbalas partes, sindical e empresarial. O seus acordos interpretativos deste acordo sectorial nacional terán a mesma eficacia que a da cláusula que fose interpretada.

4. O funcionamento da comisión realizarase da forma que esta acorde, asumíndose xa os acordos ó respecto adoptados pola comisión paritaria do Art. 29 do convenio xeral do sector da construcción, así como o procedemento para solventa-las posibles discrepancias, previsto no ASEC e asumido polas partes no CXSC.

Artigo 13º.-Denuncia.

Para lle dar cumprimento ó previsto no Art. 85.2º d) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, as partes signatarias fan constar expresamente que o presente acordo non precisa denuncia previa para a súa total extinción o 31 de decembro de 1998.

10844