Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 30 de novembro de 1998 Páx. 12.840

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO de licitación para a contratación da obra denominada iluminación pública na avenida Arcadio Pardiñas en Burela.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Burela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: é a execución da obra do proxecto de iluminación pública na Avda. Arcadio Pardiñas en Burela.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 18.570.659 ptas. (IVE incluído).

5. Garantías.

a) Provisional: 371.413 ptas.

b) Definitiva: 742.826 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Burela (Secretaría).

b) Enderezo: rúa Pardo Bazán, nº 6.

c) Localidade e código postal: 27880 Burela.

d) Teléfono: 982 58 60 00.

e) Telefax: 982 58 59 45.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas.

a) Prazo: das 9 ás 14 horas, durante o prazo de trece días naturais contados desde a última publicación do anuncio de licitación, ben no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a prevista no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: concello (rexistro xeral).

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo: I, subgrupo: 1, categoría: D.

As empresas ofertantes deberán contar coas autorizacións pertinentes para a execución de instalacións de alta tensión.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: concello (salón de comisións).

b) Data: o día seguinte hábil ó do remate do prazo de presentación de ofertas, non coincidente con sábado; en tal caso realizaríase a apertura o primeiro día hábil seguinte.

c) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Tendo en conta que conforme o disposto no artigo 122 do R.D.L. 781/1986, do 18 de abril, se encontra sometido a información pública o prego de cláusulas administrativas que rexerá esta contratación e o proxecto técnico da obra de referencia, por este anuncio faise saber que no suposto de que se presentasen reclamacións contra os citados documentos dentro do prazo sinalado, a licitación quedará aprazada ata a súa resolución. Neste caso publicarase un novo anuncio no BOP de Lugo, con indicación da data límite de presentación das ofertas.

Burela, 18 de novembro de 1998.

P.D.F. (Resolución Alcaldía 6-5-1996)

Sergio López García

Primeiro tenente de alcalde

18821