Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 30 de novembro de 1998 Páx. 12.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1998 pola que se anuncia concurso público para a contratación dunha asistencia técnica para a impartición de programas de inducción e sensibilización cara ó cambio empresarial para o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación dunha asistencia técnica para a impartición de programas de inducción e sensibilización cara ó cambio empresarial para o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16, baixo, 15701, Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 11 01, fax 981 59 04 67.

b) Número de expediente: CP nº A1/99.

2. Obxecto do contrato: asistencia técnica para a impartición de programas de inducción e sensibilización cara ó cambio empresarial.

a) O concurso desagrégase nos seguintes lotes:

-Impartición de 2 programas de inducción e sensibilización cara ó cambio estratéxico (lotes 1 e 2).

-Impartición de 3 programas de inducción e sensibilización cara ó cambio empresarial na área xenérica denominada melloras de calidade e productividade (lotes 3, 4 e 5).

-Impartición de 6 programas de inducción e sensibilización cara ó cambio empresarial na área xenérica denominada sistemas de xestión normalizados (lotes 6, 7, 8, 9, 10 e 11).

-Impartición de 2 programas de inducción e sensibilización cara ó cambio empresarial na área xenérica denominada melloras nos procesos financeiros (lotes 12 e 13).

-Impartición de 1 programa de inducción e sensibilización cara ó cambio empresarial na área xenérica denominada melloras nos procesos comerciais (lote 14).

-Impartición de 2 programas de inducción e sensibilización cara ó cambio empresarial na área xenérica denominada implicación do capital humano (lotes 15 e 16).

-Impartición de 1 programa de inducción e sensibilización cara ó cambio empresarial na área xenérica denominada a información de xestión como factor de competitividade (lote 17).

-1 programa de sensibilización cara ó cambio empresarial denominado eliminación da dilapidación (lote 18).

-1 programa de sensibilización cara ó cambio empresarial denominado xestión dos custos da non calidade (lote 19).

-1 programa de sensibilización cara ó cambio empresarial denominado sistemas de información comercial (lote 20).

-1 programa de sensibilización cara ó cambio empresarial denominado xestión da información e o coñecemento (lote 21).

-1 programa de sensibilización cara ó cambio empresarial denominado a xestión do capital circulante e da tesourería (lote 22).

-1 programa de sensibilización cara ó cambio empresarial denominado a calidade despois da certificación (lote 23).

-1 programa de sensibilización cara ó cambio empresarial denominado fidelización de clientes (lote 24).

-1 programa de sensibilización cara ó cambio empresarial denominado eliminación da dilapidación ( Lote 25).

-1 programa de sensibilización cara ó cambio empresarial denominado novos paradigmas na contabilidade de custos (lote 26).

-1 programa de sensibilización cara ó cambio empresarial denominado aplicacións empresariais de Internet e Intranet (lote 27).

-1 programa de sensibilización cara ó cambio empresarial denominado o comercio electrónico e os novos canais de comercialización (lote 28).

-1 programa de sensibilización cara ó cambio empresarial denominado valoración dos intanxibles: o capital intelectual (lote 29).

-1 programa de sensibilización cara ó cambio empresarial denominado liderato e implantación de grupos de mellora (lote 30).

-1 programa de sensibilización cara ó cambio empresarial denominado reenxeñería e mellora dos procesos da empresa (lote 31).

-1 programa de sensibilización cara ó cambio empresarial denominado medición da satisfacción do cliente (lote 32).

-1 programa de sensibilización cara ó cambio empresarial denominado reducción dos tempos de cambio de utensilios (lote 33).

-1 programa de sensibilización cara ó cambio empresarial denominado posta en práctica dun programa de orde e limpeza no posto de traballo (lote 34).

-1 programa de sensibilización cara ó cambio empresarial denominado a análise modal de fallos e efectos como ferramenta de priorización de melloras (lote 35).

-1 programa de sensibilización cara ó cambio empresarial denominado medición e racionalización do traballo (lote 36).

-1 programa de sensibilización cara ó cambio empresarial denominado contratación de servicios informáticos (lote 37).

-1 programa de sensibilización cara ó cambio empresarial denominado a comunicación interna como ferramenta de xestión do cambio (lote 38).

-1 programa de sensibilización cara ó cambio empresarial denominado políticas retributivas nos novos contornos competitivos (lote 39).

b) Lugar de entrega: a entrega efectuarase na sede do Igape en Santiago de Compostela.

c) Prazo de entrega e instalación: efectuarase logo de pedido por parte do Igape.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: trinta millóns oitenta e seis mil catrocentas pesetas incluído o imposto sobre o valor engadido (IVE). O devandito orzamento distribúese como se sinala a continuación:

Lotes

números

Nº de

lotes

Importe

unitario

Total (anualidade 99)

IVE incluído

1 e 224.000.000 ptas.8.000.000 ptas.

3 a 1715928.000 ptas.13.920.000 ptas.

18 a 3922371.200 ptas.8.166.400 ptas.

Total3930.086.400 ptas.

5. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación do lote ou lotes ós que se licite.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701, A Coruña.

d) Enderezo de Internet: http://www.igatel.net/biblioteca.

e) Teléfono: 981 54 11 01.

f) Telefax: 981 59 04 67.

g) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do cuadraxésimo día seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 13 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas, no Instituto Galego de Promoción

Económica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado 16, Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1998.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

10819