Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 30 de novembro de 1998 Páx. 12.833

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 22 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude dun perímetro de protección para os mananciais das augas do Balneario de Partovía.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense fai saber que a sociedade mercantil Garriga e Hijos, S.L. solicitou un perímetro de protección para os mananciais das augas do Balneario de Partovía, co perímetro que vén determinado pola unión dos seguintes vértices expresados en coordenadas U.T.M.

X Y

p.p.5824444704711

15836554702881

25822184699819

35801144698613

45785004694050

55724004692700

65706004694350

75718594696642

85721754699850

95737004700800

105754144702346

115772004705700

O que se fai público para que os interesados e en particular os propietarios de terreos, bens ou dereitos comprendidos no perímetro, poidan alegar no prazo de quince días canto conveña ós seus intereses.

Ourense, 22 de outubro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

10870