Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 30 de novembro de 1998 Páx. 12.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a solicitude de declaración da condición mineral de augas subterráneas.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que iniciou o expediente para a declaración da condición mineral das augas dun manancial situado no termo municipal

de Gondomar, parroquia de Couso, por instancia de Antonio Luis Pérez Giménez, con domicilio en r/ Elduayen, 17, Gondomar, propietario dos predios A de Miguel e Tomada Nova, lindantes entre si e cunha superficie de 12.169 m, onde está siutado o dito manancial.

O obxectivo final deste expediente é solicitar, unha vez resolto favorablemente, a autorización de apro

veitamento para o envasado e comercialización das citadas augas.

De acordo cos datos achegados polo peticionario, a zona onde xorde a auga está situada nos predios A de Miguel e Tomada Nova, na parroquia de Couso, do termo municipal de Gondomar. Os ditos predios lindan ó norte, monte de Manuel Rodríguez; sur, monte propiedade de Divina Torres e Floreano Torre; este, monte comunal, monte propiedade de José Gonda e camiño, e oeste, estrada Gondomar a Tui.

Efectúase esta información pública de conformidade co previsto no artigo 39 do Regulamento xeral para réxime da minería do 25-8-1978 e artigo 5 da Lei 5/1995, do 7 de xuño de regulamento das augas minerais, termais, de manancial e dos establecemento balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Pontevedra, 6 de novembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

10311