Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 27 de novembro de 1998 Páx. 12.791

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (37/1998).

Por decreto da alcaldía nº 5392/98, do 26 de outubro, aprobouse o expediente administrativo, por medio de poxa con procedemento aberto, para a contratación da obra denominada «Reposición á legalidade dunha obra sita no Batán-Avenida das Mariñas, nº 177 (Nós)».

A través deste anuncio exponse ó público o prego de cláusulas administrativas particulares para que, durante o prazo de oito días hábiles -contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio, xa sexa no BOP ou no DOG-, se poidan presenta-las reclamacións que se estimen oportunas contra el que, de presentárense, serán resoltas polo mesmo órgano que o aprobou.

Ó mesmo tempo e para o caso de que non se presenten, convócase licitación de acordo coas seguintes condicións:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Oleiros.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 37/98.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: reposición á legalidade dunha obra sita no Batán-Avda. das Mariñas, nº 177 (Nós).

b) Lugar de execución: O Batán-Avda. das Mariñas, nº 177 (Nós).

c) Prazo de execución: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe total: 5.453.239 ptas.

5. Garantías.

a) Provisional: 109.065 ptas.

b) Definitiva: 218.130 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Oleiros.

b) Enderezo: praza de Galicia, nº 1.

c) Localidade e código postal: 15173 Oleiros.

d) Teléfono: 981 61 00 00.

e) Fax: 981 63 10 29.

f) Data límite para obter documentos e información: durante o prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais (26) contados a partir do mesmo día da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, ata as 13 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

-Entidade: Concello de Oleiros.

-Enderezo: praza de Galicia, nº 1.

-Localidade e código postal: 15173 Oleiros.

d) Prazo durante o cal o licitador ten a obriga de mante-la súa oferta: vinte días contados a partir da seguinte ó da apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Oleiros.

b) Enderezo: praza de Galicia, nº 1.

c) Localidade: Oleiros.

d) Data: o primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. Se cadra un sábado, o día hábil seguinte á mesma hora.

e) Hora: ás 10 horas.

9. Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio, así como os do anuncio que se publicará nun dos xornais de maior difusión da provincia, serán por conta do contratista que resulte adxudicatario.

Oleiros, 28 de outubro de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa

10249