Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 27 de novembro de 1998 Páx. 12.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Obras e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a selección dunha empresa coas debidas garantías sociais, técnicas e económicas, co fin de constituír unha sociedade de economía mixta (empresa mixta), que xestionará os servicios públicos de abastecemento domiciliario de auga potable, saneamento e, no futuro, depuración de augas residuais.

b) Duración do contrato: trinta anos, sendo este prorrogable ata un máximo de 50 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación do expediente: trámite normal.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Capital social.

O adxudicatario do concurso subscribirá na súa calidade de socio privado o 49 por cento das accións da sociedade, sendo o seu capital inicial 1.000.000.000 de ptas. e debendo ser subscrito o 51 por cento restante polo concello.

A acehga de capital do adxudicatario do concurso terá que ser en diñeiro efectivo e a súa participación estará integramente subscrita e desembolsada no momento da sinatura da escritura pública de constitución da sociedade.

5. Canon concesional.

A empresa mixta aboaralle ó concello un canon mínimo, fixo e anual de 160.000.000 de ptas.; o dito canon actualizarase anualmente co IPC.

6. Garantías.

Provisional: 40.000.000 de ptas.

Definitiva: 80.000.000 de ptas.

7. Obtención de documentación e o seu custo.

a) Copistería: Cutus, (por encargo do concello).

b) Domicilio: r/ Cuntis, 75.

c) Localidade e código postal: Ferrol-15403.

d) Teléfono: 981 31 32 33.

e) Fax: 981 31 32 33.

f) Importe: 90.000 ptas.

g) Modalidade de pagamento: en metálico ou contra reembolso.

8. Obtención de información.

a) Entidade: Concello de Ferrol.

b) Dependencia: Obras e Contratación.

c) Domicilio: praza de Armas, s/n.

d) Localidade e código postal: Ferrol-15402.

e) Teléfono: 981 33 67 05.

f) Fax: 981 33 67 47.

g) Data límite de obtención de documentos e información: o último día de finalización de presentación de ofertas.

9. Clasificación do concursante.

a) Empresa consultora e de servicios.

Grupo III.-Servicio; Subgrupos.-3, 5 e 7; Categoría: D.

b) Empresa contratista.

Categoría F.Categoría E.

Grupo E).-Hidráulicas.Grupo K).-Especiais.

Subgrupos: 1, 6 e 7.Subgrupo: 8.

10. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o día 12 de xaneiro de 1999.

b) Documentación que hai que presentar: as sinaladas na cláusula 8 do prego de condicións.

c) Forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: agrupación temporal de empresas.

d) Lingua en que deben redactarse as ofertas: no idioma oficial do Estado español ou no da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Lugar de presentación: rexistro xeral sito na planta baixa.

1ª Entidade: Concello de Ferrol.

2ª Domicilio: praza de Armas, s/n.

3ª Localidade e código postal: Ferrol-15402.

4º Teléfono: 981 33 67 03.

5º Fax: 981 35 41 22.

11. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Ferrol.

b) Domicilio: praza de Armas, s/n.

c) Localidade: Ferrol.

d) Data: o día que oportunamente se sinale ós licitadores.

e) Hora: a que oportunamente se sinale ós licitadores.

12. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Ferrol, 12 de novembro de 1998.

O alcalde

Rubricado

10250