Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 27 de novembro de 1998 Páx. 12.783

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 28 de outubro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio da batea de cultivo de mexillón denominada Guillán número 2, a favor de Mª Dolores Tarela Gómez e José Carlos Viturro Viturro.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Guillán nº 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal B, cuadrícula 77.

Data da concesión: 31-1-1957.

Data de finalización da última prórroga: 9-3-2002.

Anterior concesionario: Juan Seoane Moreira (33.243.422) e Mª Dolores Buceta González (78.780.204).

Novo titular da concesión e batea: Mª Dolores Tarela Gómez (33.271.844) e José Carlos Viturro Viturro (52.452.260).

Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 28 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

10104