Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 27 de novembro de 1998 Páx. 12.783

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 19 de outubro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa das bateas Baltar número 4 (42 Cangas C), Frapelo número 10 (34 Cangas G) e Laureano (28 Cangas H).

Vistos os expedientes incoados por Mª Josefa Sequeiros Iglesias (76.834.011-G), nos que solicita o cambio de dominio mortis-causa das bateas fluctuantes de cultivo de mexillón (Mytilus gallopro

vincialis) denominados Baltar nº 4, outorgado pola orden ministerial do 25-5-1966 (BOE nº 155), situado na cuadrícula nº 42, do polígono C de Cangas, rematando a concesión o 25-5-2006; Frapelo nº 10, outorgado pola orden ministerial do 12-11-1959 (BOE nº 281), situado na cuadrícula nº 34, do polígono G de Cangas, rematando a concesión o 24-11-2004 e Laureano, outorgado pola orden ministerial de 6-4-1966 (BOE nº 111), situado na cuadrícula nº 28, do polígono H de Cangas, rematando a concesión o 10-5-2006 e dos que eran titulares José Carro Juncal (76.834.143-K) e Mª Josefa Sequeiros Iglesias (76.834.011-G).

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e considerando que ós expedientes figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do rexistro de últimas vontades, a declaración de herdeiros ab-intestato, a relación de bens debidamente liquidada de impostos e o caderno particional da herdanza, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titular das concesións administrativas e das bateas das que se trata, nas mesmas condicións que as expresamente consignadas nas ordes ministeriais de outorgamento, a favor de Mª Josefa Sequeiros Iglesias, (76.834.011-G).

O novo titular subrógase no prazo, dereitos e obriga dos anteriores, así como queda obrigado a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 19 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Pontevedra

10214