Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 27 de novembro de 1998 Páx. 12.772

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1998, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 1/1219/98, interposto por José Carlos Lorenzo Paniagua.

A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia reclámalle ó Servicio Galego de Saúde o expediente correspondente ó recurso 1/1219/98, interposto por José Carlos Lorenzo Paniagua contra a Resolución do 9 de xullo de 1998 (DOG nº 136, do 16 de xullo), pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de prazas da categoría de celador, entre outras, nas institucións sanitarias dependentes do organismo.

En consecuencia, esta división, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, acorda remiti-lo citado expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e emprazadas para que poidan comparecer en autos na sección primeira da referida sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1998.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

10647