Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 27 de novembro de 1998 Páx. 12.763

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta do convenio colectivo do sector de rematantes e serradoiros de madeira.

Visto o texto da acta da comisión paritaria do convenio colectivo de traballo do sector de rematantes e aserradoiros de madeira da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nestas dependencias con data do 3-11-1998, no que se acorda a corrección da omisión producida no artigo 36 do devandito convenio colectivo (publicado no BOP, nº 183, do 22 de setembro e no DOG, nº 157, do 14 de agosto) repecto da data de entrada en vigor das novas contías establecidas para as diferentes continxencias, esta delegación provincial, de conformidade co disposto no artigo 90, ap. 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da citada acta no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo que consta nesta delegación, con notificación á comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Teceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 6 de novembro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo do sector de rematantes e serradoiros de madeiras da provincia de Pontevedra

Asistentes:

Representación social:

CC.OO:

Francisco Estévez Rodríguez.

CIG:

Xosé Xoán Melón González.

UGT:

Ramón Carrera Molares.

Guillermo Simón López.

Representación empresarial:

Antonio Pérez Giménez.

Jesús Baquero Moreira.

Juan José Busto Rodríguez.

Secretaria de actas:

Ana María Martín Herrero

En Vigo, nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, ás dezaoito horas do día vintenova de outubro de mil novecentos noventa e oito, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo de traballo do sector de rematantes e serradoiros da provincia de Pontevedra, co obxecto de emendar unha omisión detectada no texto do convenio. Asisten os indicados arriba.

Aberta a sesión, as representacións empresarial e social coinciden na necesidade de incluí-la data de entrada en vigor do artigo 36.-Indemnización por morte ou invalidez, tal como figuraba no texto anterior, e que foi omitida por erro.

Polo tanto, ámbalas partes acordan que o artigo 36º quede redactado da seguinte maneira:

Artigo 36º.-Indemnización por morte ou invalidez.

Establécense as seguintes indemnizacións para tódolos traballadores afectados por este convenio:

1.-A partir do día seguinte ó da data da primeira das publicacións do convenio no BOP ou no DOG, as empresas afectadas polo presente convenio teñen a obriga de subscribi-la correspondente póliza de seguro por accidente de traballo, accidente in itinere e enfermidade profesional, que cubra as seguintes continxencias:

a) En caso de morte... 2.500.000 pesetas.

b) En caso de invalidez permanente total... 3.500.000 pesetas.

c) En caso de absoluta ou gran invalidez... 4.000.000 de pesetas.

2.-En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe de dúas mensualidades de tódolos conceptos salariais do convenio, vixente en cada momento.

Ámbalas partes acordan a súa remisión á autoridade laboral para efectos do seu rexistro e posterior publicación no BOP e no DOG.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás dezanove horas do día arriba indicado.

10767