Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 27 de novembro de 1998 Páx. 12.752

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se determinan módulos para o outorgamento de autorizacións de aluguer de vehículos con conductor.

A orde ministerial do 30-7-1998, que modifica a do 14 de xuño de 1993, introduce un elemento obxectivo para valora-lo posible desequilibirio entre oferta e demanda do servicio de aluguer de vehículos con conductor.

O módulo 30 VT por cada autorización deste tipo, pola súa xeneralidade, pode crear distorsións nun mercado como o galego, que presenta peculiaridades moi significativas.

Por outra banda, esta dirección xeral está elaborando un proxecto de decreto regulador do réxime xurídico do transporte público en vehículos turismos.

En virtude da análise que con ocasión desta tramitación se realice, procederase a definir criterios que permitan obxectiva-lo proceso de decisión respecto ás peticións de autorizacións de arrendamento de vehículos con conductor.

Na súa virtude, co obxecto de evitar que da aplicación transitoria do criterio establecido no artigo 14.1º da referida orde ministerial se deriven situacións de desequilibrio na Comunidade Autónoma de Galicia, mestres non se concreten, de conformidade co disposto na disposición adicional segunda da O.M. do 30-9-1998, os criterios que deberán rexer para esta Comunidade Autónoma, non se outrogarán novas autorizacións de aluguer de vehículos con conductor.

Non obstante, a Dirección Xeral de Transportes poderá outorgar unha autorización para un máximo de cinco vehículos en aquelas poboacións de máis de 50.000 habitantes, que non conten con autorizacións para arrendamento de vehículos con conductor.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

10548