Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 25 de novembro de 1998 Páx. 12.689

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARRO

ANUNCIO da aprobación inicial de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O Pleno do Concello de Barro, en sesión que tivo lugar o 10 de novembro de 1998, aprobou inicialmente o expediente de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal, co obxecto de modifica-lo trazado e o largo da rúa de Outeiro.

Segundo dispón o artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, exponse ó público o expediente para que as persoas interesadas poidan formula-las alegacións que coiden oportunas.

Lugar: secretaría do concello.

Prazo: un mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Órgano perante o que se reclama: Pleno do Concello.

Barro, 13 de novembro de 1998.

María Teresa Roig Olona

Alcaldesa

10683