Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 25 de novembro de 1998 Páx. 12.688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1998 pola que se anuncia concurso por lotes para a subministración de instrumentos musicais con destino á Escola Municipal de Música.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras.

b) Número de expediente: S98/121.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: instrumentos musicais con destino á Escola Municipal de Música.

b) Número de unidades que se van entregar:

c) División por lotes e número: si.

d) Lugar de entrega: véxase punto 1.

e) Prazo de entrega: inmediata.

3. Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 5.275.000 de pesetas (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Domicilio: praza de María Pita, 1, 2º.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: 981 18 42 19.

e) Fax: 981 18 42 71.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

a) Prazo: trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6.

b) Data: véxase prego de cláusulas administrativas regulador do concurso.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Proposición económica, Documentación administrativa e Documentación técnica) e o seguinte lema Proposición que presenta (nome ou denominación social do licitador) ... para optar ó concurso por lotes para

a subministración de instrumentos musicais con destino á Escola Municipal de Música.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 13 de novembro de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado

10682