Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 25 de novembro de 1998 Páx. 12.683

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 30 de outubro de 1998, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación de varios expedientes de clasificación de montes desta provincia (18/1998 e catro máis).

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítanse os expedientes de cla

sificación dos montes coas características que a seguir se indican:

Expediente número 18/1998:

Denominación: monte: das Gándaras, Gándara Vella, Lamaxoanas e Coutado.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de San Andrés de Chamoso.

Concello: O Corgo.

Superficie: 84 ha.

Lindeiros:

Os do conxunto dos montes son:

Norte: predios particulares de Hospital, Vilapene e San Andrés de Chamoso. Leste: monte das Gándaras da parroquia do Corgo. Sur: montes das Gándaras e Santa Isabel da parroquia de Anseán. Oeste: predios particulares de Hospital.

Descrición do perímetro:

Os únicos límites salientables no perímetro destes montes da parroquia de San Andrés de Chamoso son:

-O monte das Gándaras divide polo leste co do mesmo nome da parroquia do Corgo subindo cara ó sur pola lomba do Coio Branco ata Madorra de Bascuas; polo sur divide co do mesmo nome da parroquia de Anseán baixando cara ó oeste segundo unha lomba.

-O Lamaxoanas divide polo sur co Santa Isabel da parroquia de Anseán, atravesando segundo unha liña de mouteiras de leste a oeste, desde o regueiro de San Cosme ó rego de Hospital.

Expediente número 19/1998:

Denominación: monte: das Gándaras.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia do Corgo.

Concello: O Corgo.

Superficie: 105 ha.

Lindeiros:

Norte: predios particulares da parroquia. Leste: predios particulares da parroquia. Sur: monte das Gándaras da parroquia de Gomeán. Oeste: montes das Gándaras da parroquia de San Andrés de Chamoso.

Descrición do perímetro:

Os únicos límites salientables no perímetro deste monte das Gándaras dos veciños da parroquia do Corgo son:

-Polo sur divide co monte do mesmo nome da parroquia de Gomeán segundo a lomba que divide augas entre parroquias, subindo polo sudoeste ata Madorra de Bascuas.

-Polo oeste divide co monte do mesmo nome da parroquia de San Andrés de Chamoso segundo a

lomba que desde Madorra de Bascuas baixa cara ó norte por Coio Branco.

Expediente número 20/1998:

Denominación: monte: de Adai.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Adai.

Concello: O Corgo.

Superficie: 151 ha.

Lindeiros:

Norte: termo municipal de Castroverde. Leste: predios particulares no val do río Outeiro. Sur: predios particulares pretas á vila. Oeste: predios particulares no val do regueiro de Pontecela.

Expediente número 21/1998:

Denominación: monte: de Cerceda.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Cerceda.

Concello: O Corgo.

Superficie: 189 ha.

Lindeiros:

Norte: montes Fervenza e Cimbro da parroquia de Santo Estevo de Farnadeiros. Leste: predios particulares da parroquia. Sur: predios particulares da parroquia. Oeste: predios particulares da parroquia.

Descrición do perímetro:

Os únicos límites salientables no perímetro destes montes da parroquia de Cerceda son:

-Polo norte divide cos montes Fervenza e Cimbro da parroquia de Santo Estevo de Farnadeiros segundo unha liña de mouteiras pola fonte do Crego, atravesando despois a media aba cara ó leste.

Expediente número 22/1998:

Denominación: monte: Cotón, Castrillón-Lama Grande e Guzal.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia do Alto.

Concello: O Corgo.

Superficie: 109 ha.

Lindeiros:

Os do termo parroquial son:

Norte: termo da parroquia de Gomeán. Leste: termo municipal de Láncara. Sur: termo municipal de Láncara. Oeste: termos da parroquia de Marei.

Descrición do perímetro:

Os únicos límites salientables no perímetro destes montes da parroquia do Alto son os xa citados polo leste e sur seguindo a mouteira co termo municipal de Láncara.

En virtude do acordado polo xurado na sesión celebrada con data do 26 de maio de 1998 e, en cum

primento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, polo presente edicto faise pública a iniciación dos expedientes indicados co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992 para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir nos expedientes iniciados e formular perante o xurado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean asistirlles en relación cos montes, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 30 de outubro de 1998.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo

10664