Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 25 de novembro de 1998 Páx. 12.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a contratación da xestión do servicio de perruquería da residencia da terceira idade Torrente Ballester.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 1/1998.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: explotación do servicio de perruquería.

b) Lugar de execución: residencia da 3ª idade Torrente Ballester.

c) Prazo de execución: un (1) ano, prorrogable por períodos anuais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación:

a) Importe total: doce mil pesetas (12.000 ptas.).

5. Garantía:

a) Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Enderezo: Gregorio Hernández, 2-4, 1º.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15011.

d) Teléfono: 981 18 58 06.

e) Telefax: 981 18 58 01.

7. Requisitos específicos dos contratistas:

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que integrará ás ofertas: a que se indica na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Coruña, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Enderezo: Gregorio Hernández, 2-4, 1º.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o sexto (6) día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións:

Nos anversos dos sobres consignarase o seu respectivo contido e o nome do licitador.

11. Gastos do anuncio:

Serán por conta do adxudicatario

A Coruña, 12 de novembro de 1998.

Diego M. Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña

10064