Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 25 de novembro de 1998 Páx. 12.665

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 13 de novembro de 1998 pola que se resolve a convocatoria de libre designación, anunciada por Orde do 5 de outubro de 1998 (Diario Oficial de Galicia número 200, do 15 de outubro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Facenda, por Orde do 5 de outubro de 1998 (Diario Oficial de Galicia número 200, do 15 de outubro), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27 da referida lei, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1995, do 10 de abril; visto o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Designa-lo funcionario que se cita no anexo desta orde para ocupa-lo posto que así mesmo se sinala.

Segundo.-O cesamento no actual destino efectuarase segundo o prazo previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A toma de posesión deberá facerse no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento ou no prazo dun mes, segundo proceda, de conformidade co disposto no referido artigo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde cause alta o funcionario efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.

Das dilixencias efectuadas serán remitidas copias á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñerlo.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

ANEXO

Apelidos e nome: López López, José Camilo.

NRP: 3331413513 A2053.

Grupo: C.

Denominación e código do posto: x. Negociado Administrativo (habilitado). EFC991000027001025.

Nivel: 18.

Complemento e.: 535.524.

Centro directivo ou dependencia: Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda.

Localidade: Lugo.

10543