Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 25 de novembro de 1998 Páx. 12.663

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1998 pola que se convocan unhas xornadas sobre o novo regulamento das telecomunicacións.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para 1998 e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse unhas xornadas sobre o novo regulamento das telecomunicacións, conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

A Lei xeral de telecomunicacións do 24 de abril de 1998 e os seus regulamentos constitúen un corpo

normativo de indubidable interese para cada un dos sectores de maior transcendencia de cara ó futuro. En efecto, as telecomunicacións están na base da sociedade da información cara á que os países desenvolvidos (entre eles os integrados no contorno comunitario europeo) avanzan rapidamente e se esforzan por construír.

Ningún país ou comunidade pode deixar de prestarlles atención a estas cuestións. E un dos seus aspectos máis relevantes é do seu regulamento normativo. Cómpre ter en conta que os dereitos e obrigas que se lles recoñezan ós operadores de telecomunicacións, os vínculos que os unen entre si, e cos usuarios, e as garantías de que as cargas e responsabilidades do servicio universal non serán abandonadas, son determinantes para o adecuado e fluído desenvolvemento do sector.

En definitiva, perséguese, con estas xornadas, darlle a maior divulgación posible ó regulamento normativo antes citado, entre os funcionarios, estudiosos, especialistas e interesados en xeral.

2. Contido.

Trataranse estes temas:

A liberalización e a introducción de competencia nas comunicacións da Unión Europea.

Regras básicas comunitarias en materia de telecomunicacións.

A Lei xeral de telecomunicacións. Panorama actual das telecomunicacións españolas.

Títulos que habilitan para operar telecomunicacións: autorizacións xerais e licencias individuais.

A interconexión como peza clave das telecomunicacións en competencia.

A competencia en telefonía móbil.

A competencia en telefonía fixa.

Estudio especial das redes territoriais.

3. Destinatarios.

Persoal ó servicio de calquera das administracións públicas galegas e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

Horario: mañá e tarde.

Lugar e datas: as xornadas convocadas terán lugar no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela), os días 9 e 10 de decembro de 1998.

5. Inscrición.

Prazo: remata o martes, día 8 de decembro de 1998.

Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Adminis

tración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707, Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 37.

Número de prazas: limitado á capacidade do local.

Inscricións fóra de prazo: só se admitirán de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Para confirma-la súa posible admisión, os peticionarios poden chamar por teléfono, a partir do día 4 de decembro, de 10 a 14.45 horas, ós seguintes números: 981 54 62 39 ou 981 54 60 40.

6. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento destas xornadas, así como a de cancelalas, se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles, ó remate destas xornadas, a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente ás mesmas, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarse, neste documento, a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

10447