Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 25 de novembro de 1998 Páx. 12.642

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 29 de outubro de 1998 pola que se fixa o prezo de venda ó público de diversas publicacións.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 1998.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

-Normativa de policía sanitaria mortuoria (en galego): 320 pesetas.-O Parkinson. Guía da enfermidade de Parkinson: 696 pesetas.-Estrés e inmunidade: 1.978 pesetas.-La implantación en España de la clasificación internacional de enfermedades 10ª revisión (CIE-10ª REV): 2.000 pesetas.

10274