Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 24 de novembro de 1998 Páx. 12.628

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da U.E. IV-13 Bailén. (Expediente 4100/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 16 de outubro de 1998, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da U.E. IV-13 Bailén, formulado pola entidade Apartamentos Paseo Marítimo, S.L. e redactado pola arquitecta Isabel Valdés Figueroa, con data de visado colexial do 28 de xullo e do 16 de outubro de 1998.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

Signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da casa do concello.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 12 de novembro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

10618