Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 24 de novembro de 1998 Páx. 12.627

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva de estudio de detalle para a reordenación de volumes nas parcelas A-1 e A-2 da unidade de execución número 14-1 do PXOU, na Parda.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o vintenove de outubro de mil novecentos noventa e oito acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle formulado, mediante iniciativa particular por Montes Lar, Obras y Construcciones, S.L., redactado polo arquitecto Arturo Dapena Barros con visado colexial da delegación en Pontevedra do COAG con data do 17-8-1998, así como novo plano nº 1.9 denominado Sección B-B, que anula e substitúe o seu correlativo anterior, visado colexialmente o 15-10-1998, documentación toda ela redactada polo mesmo arquitecto, coa finalidade de reordena-los volumes en parcelas A-1 e A-2 da unidade de execución 14-1 do PXOU na Parda, sendo o seu carácter refundido daquela integrante do estudio de detalle que foi inicialmente aprobado.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses comptuados a partir do día seguinte a esta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se estime procedente.

Pontevedra, 6 de novembro de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

10594