Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 24 de novembro de 1998 Páx. 12.626

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

Por resolución desta Alcaldía con data do 11 de novembro de 1998, aprobouse inicialmente o proxecto de urbanización da unidade de actuación nº 7 (Perlío) do PXOU/Rev. 81, redactado polo arquitecto Francisco Iglesias Miño por instancia de Servando Souto Martínez, coa finalidade de defini-las obras necesarias para remata-la prolongación da rúa Santiago cara á das Cañotas, enlazando coas transversais (rúa Santa Olalla) en Perlío.

De conformidade co disposto na lexislación vixente, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da última publicación regulamentaria deste edicto, durante o que se poderá examina-lo expediente e formula-las alegacións que se consideren pertinentes diante desta Alcaldía.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Fene, 11 de novembro de 1998.

Xosé María Rivera Arnoso

Alcalde

10593