Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 24 de novembro de 1998 Páx. 12.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de novembro 1998, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, tramitación urxente, mediante concurso público 18/1998, da adquisición de equipamiento hospitalario para este hospital.

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na alínea i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto, tramitación urxente mediante concurso público, da adquisición de equipamento hospitalario do Hospital Comarcal Valdeorras.

Obxecto e orzamento.

A adquisición de 1 mesa de cirurxía xeral, 1 autoclave esterilizador a vapor, 1 facoemulsificador e 1 cámara laparoscópica para o Hospital Comarcal Valdeorras por un orzamento máximo de 17.740.000 IVE incluído.

Prazo de entrega.

O material obxecto deste concurso público deberase realizar nunha entrega única, inmediata á comunicación da adxudicación.

Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poderán ser solicitados no Servicio de Subministracións do

Hospital Comarcal Valdeorras, rúa Conde Fenosa nº 50 do Barco de Valdeorras (Cod. Postal 32300) Tfno: 988 33 90 05.

Fianzas.

Deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de trescentas cincuenta e catro mil oitocentas pesetas (354.800 pesetas), e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As ditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (en adiante, LCAP).

Solvencia económica e financieira.

Acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo I do prego.

Solvencia técnica.

Acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo II do prego.

Clasificación.

Non se precisa.

Criterios de adxudicación.

Prezo: ata 50 puntos.

Calidade técnica: ata 30 puntos.

Prazo de garantía: ata 20 puntos.

Admisión de variantes.

Os licitadores poderán introducir nas súas proposicións varias alternativas, que co mesmo ou distinto prezo, pero sempre igual ou inferior ó orzamento de licitación, incorporen para a súa presentación de subministración, solucións adicionais ás definidas nas prescricións técnicas, as cales se consideran como mínimas e imprescindibles.

Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e lacrados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público no sala de xuntas do Hospital Comarcal Valdeorras ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel do que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposición terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios.

Os anuncios deste concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

O Barco de Valdeorras, 11 de novembro 1998.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras

10454