Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 24 de novembro de 1998 Páx. 12.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1998, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración de vitreotomo para o Servicio de Oftalmoloxía do Hospital Xeral de Galicia, mediante procedemento aberto e urxente. (Expediente 106/1998).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Obxecto: subministración de vitreotomo para o Servicio de Oftalmoloxía do Hospital Xeral de Galicia.

2. Orzamento estimado: 9.000.000 de pesetas (nove millóns de pesetas), IVE incluído.

3. Fianzas:

a) Provisional: 2 % do orzamento de licitación.

b) Definitiva: 4 % do orzamento de licitación.

Constituiranse segundo disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

4. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e urxente.

5. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1998.

6. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

7. Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo I ó prego.

8. Solvencia técnica: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo II ó prego.

9. Criterios de adxudicación:

Prezo: ata 5 puntos.

Calidade técnica: ata 4 puntos.

Servicio: ata 1 punto.

10. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no departamento de Contratación Administrativa do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras, s/n 15705 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

11. Clasificación: non se esixe.

12. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras, s/n 15705 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

13. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia ás 10 horas do décimo día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

14. Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1998.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela

10632