Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 24 de novembro de 1998 Páx. 12.623

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1998, da Xerencia Xeral do Hospital Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o concurso público 17/1998, polo procedemento aberto, para a contratación do arrendamento de equipos para o proceso da información neste hospital, trámite urxente.

A Xerencia Xeral do Hospital Provincial de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento:

Contratación de arrendamento de equipos para o proceso da información, segundo prego de prescricións técnicas (anexo III).

Orzamento estimado: 14.407.200 pesetas (catorce millóns catrocentas sete mil duascentas pesetas), desagregado en anos.

Ano 1998: 800.400 pesetas.

Ano 1999: 4.802.400 pesetas.

Ano 2000: 4.802.400 pesetas.

Ano 2001: 4.002.000 pesetas.

Prazo de execución:

Prazo de entrega, unha semana desde a adxudicación.

Forma de adxudicación:

Procedemento aberto mediante concurso público, trámite urxente, nº 17/1998.

Admisión de variantes:

Non se admitirá a presentación de variantes.

Solvencia económica e financeira:

Acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (anexo I).

Solvencia técnica.

Acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (anexo II).

Fianza provisional:

A contía da fianza provisional é de: 288.144 pesetas (duascentas oitenta e oito mil cento corenta e catro pesetas).

Criterios de adxudicación:

Nº de orde: 1.

Criterio de adxudicación: prezo ofertado.

Ponderación: 40%.

Nº de orde: 2.

Criterio de adxudicación: calidade.

Ponderación: 40%.

Nº de orde: 3.

Criterio de adxudicación: prazo de entrega.

Ponderación: 20%.

Documentación de interese para os licitadores:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións e Contratación Administrativa do Hospital Provincial de Pontevedra, r/ Loureiro Crespo nº 2, das 9 ás 14 horas, de luns a venres. (Tfno: 986 80 70 03 e fax: 986 80 70 51).

Presentación de proposicións:

Deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste hospital, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax 986 80 70 51 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións:

Terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Hospital Provincial de Pontevedra ás 10 horas

do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores:

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios:

O pagamento dos anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 9 de novembro de 1998.

Pedro Soler Bordoy

Xerente xeral do Hospital Provincial

de Pontevedra

10632