Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 24 de novembro de 1998 Páx. 12.617

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de notificación (189/1996-M).

Eu, Belén Rey Baamonde, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Carballo, dou fe e certifico que no xuízo de faltas número 189/1996, seguido ante este xulgado por furto, sendo denunciante Juan Carlos García Suárez e denunciado José Pedro Velo Taibo, nos que recaeu sentencia co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia número... En Carballo o dez de xuño de 1996. Vistos estes autos de xuízo de faltas número 189/1996, seguidos pola suposta falta de furto no que foron parte o Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, como implicados: denunciante Juan Carlos García Suárez e denunciado José Pedro Velo Taibo. Recae a seguinte resolución.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a José Pedro Velo Taibo dos feitos obxecto deste xuízo, con declaración de oficio das custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes prevíndoas de que contra ela poderán interpor, ante este xulgado, recurso de apelación no prazo de cinco días mediante escrito motivado. Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Juan Carlos García Suárez, que se encontra en paradoiro descoñecido, e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula en Carballo o vintesete de outubro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

10213