Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 24 de novembro de 1998 Páx. 12.616

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1998 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 98/023 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designado o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os voais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que ha de resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 98/023 convocada por resolución do 4 de marzo de 1998 (BOE do 25 de marzo), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 3 de novembro de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de escola universitaria.

Area de coñecemento: fisioterapia.

Praza nº: 98/023.

Comisión titular:

Presidente: Servera Piera, Emilio, catedrático de escola universitaria. Universidade de Valencia (Estudi General).

Secretario: Fernández Cervantes, Ramón, profesor titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Jolin Sanchez, Tomas, catedrático de escola universitaria. Universidade de Valencia (Estudi General).

Ponce García, Luis Carlos, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Valencia (Estudi General).

Pardo Hervas, Pedro Jesús, profesor titular de escola universitaria. Universidade complutense de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: Forner Valero, J. Vicente, catedrático de escola universitaria. Universidade de Valencia (Estudi General).

Secretario: González Doniz, Mª Luz, profesora titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Medina Sánchez, María, catedrática de escola universitaria. Universidade de Oviedo.

Gómez Tolon, Jesús, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Zaragoza.

Calvo Arenillas, José Ignacio A., profesor titular de escola universitaria. Universidade de Salamanca.

10154