Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 24 de novembro de 1998 Páx. 12.589

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 324/1998, do 6 de novembro, polo que se acepta a cesión a título gratuíto dunha parcela sita no termo municipal de Padrón (A Coruña), feita a favor da Comunidade Autónoma de Galicia para a construcción da estación de autobuses.

A Comisión de Goberno do Concello de Padrón, en sesión celebrada o 15 de xuño de 1998, acordou a cesión á Xunta de Galicia dunha parcela para a construcción da estación de autobuses.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do Patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da dita lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles supere o seu valor intrínseco; aínda que non se consideran carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Padrón (A Coruña) acordou a cesión, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de novembro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión gratuíta feita polo Concello de Padrón a favor da Comunidade Autónoma de Galicia dunha parcela situada no dito concello cunha superficie aproximada de 1.200,25 m. Estrema ó norte e ó oeste, parcela propiedade de Dolores Tarela Ote

ro; ó sur, rúa de nova apertura; ó leste, parcela propiedade de Unión Fenosa.

A dita parcela figura inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón, no tomo 635 do arquivo, libro 145 do Concello de Padrón, folio 23, predio nº 20.868, inscrición 1ª.

Artigo 2º

O inmoble cedido destinarase á construcción, pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da estación de autobuses.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e á inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, seis de novembro de mil novecentos noventa e oito.

P.S. (Decreto 287/1998, do 22 de outubro)

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

10424