Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, mediante Orde do 7 de outubro de 1998 (DOG nº 201, do 16 de outubro), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se relaciona no anexo I desta orde.
Segundo.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes, se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.
Terceiro.-O xefe do centro no que causen baixa o funcionario, así como o daquel no que obteñan praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no alínea anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto.-Contra esta orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día da súa publicaición no Diario Oficial de Galicia, despois de
comunicarllo a esta consellería segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1998.
Jesús Pérez Varela
Conselleiro de Cultura, Comunicación Social
e Turismo
ANEXO I
Apelidos e nome: Rodríguez Blanco, Julia.
NRP ou DNI: 34.930.140.
Grupo: A.
Corpo ou escala: xeral.
Posto de traballo: xefe/a do Servicio de Promoción e Difusión Cultural.
Código posto: CUC030000115770005.
Nivel: 28A.
Dependencia: Dirección Xeral de Promoción Cultural.
Localidade: Santiago de Compostela.
10495