Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 23 de novembro de 1998 Páx. 12.555

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 320/1998, do 6 de novembro, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica, a 20 kV, Bugarín-Ponteareas-Vilasobroso, no concello de Ponteareas, provincia de Pontevedra. (Expediente 96/409).

Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A., con enderezo para efectos de notificacións na r/ Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas-Pontevedra, solicitou desta consellería a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da L.M.T. aéreo-subterránea, a 20 kV, de 390 m de lonxitude o tramo soterrado, con conductor de 3x150 mm de sección, e 804 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor LA-110 sobre apoios de formigón, con orixe na subestación Bugarín, pasando polo centro de distribución da empresa Sestelo, ata a liña existente de Ponteareas-Vilasobroso, entre os apoios 14 e 15, no termo municipal de Ponteareas (Pontevedra). (Expediente 96/409).

A dita instalación autorizouse e declarouse de utilidade pública, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra do 20-2-1997, a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no Diario Oficial de Galicia do 1 de abril, no BOP de Pontevedra do 8 de abril e no BOE do 9 de abril. Coa mesma data aprobouse o seu proxecto de execución.

A solicitude de urxente ocupación fíxose e tramitouse de acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicable a este expediente en virtude do establecido pola disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, do sistema eléctrico nacional.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no Diario Oficial

de Galicia do 30-10-1997, no BOP de Pontevedra do 23-10-1997, no xornal Faro de Vigo do 2-10-1997, e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ponteareas e no da delegación provincial; ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación, agás ós propietarios dos predios nº 32, 36 e 39, de titulares descoñecidos, polo que se deu traslado das actuacións practicadas ó Ministerio Fiscal, segundo o disposto no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

Durante o período en que se someteu a trámite de información pública formuláronse as seguintes alegacións:

1. Angelina García González e Concepción Rivas Rodríguez, titulares do predio nº 27, expoñen que existe un erro nos nomes que constan na relación de bens e dereitos afectados; así mesmo, consideran improcedente o establecemento da servidume, xa que no citado predio se está a realiza-la construcción dunha vivenda, polo que o paso do tendido eléctrico lles causaría graves prexuízos ás propietarias; solicitan que a liña discorra polos camiños públicos que bordean o predio.

2. Javier Lorenzo Rodríguez e irmáns, titulares dos predios nº 34 e 35, expoñen que a empresa beneficiaria non intentou chegar a un acordo con eles antes de inicia-la tramitación do expediente de urxente ocupación, tal e como fixo cos propietarios doutros predios, engade que os predios están rodeados por camiños públicos polos que debería establecerse a servidume, segundo o establecido na alínea a) do artigo 26 do regulamento da Lei 10/1996; por último, sinálalles que as citadas parcelas teñen unhas expectativas urbanísticas que se verán afectadas pola servidume imposta.

As alegacións fóronlle remitidas á empresa beneficiaria para a súa contestación.

Unha vez practicada, por técnicos da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra, a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado para a instalación desta liña, púidose comprobar, segundo o certificado emitido ó respecto, que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume, non se dan as limitacións previstas no artigo 56 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, que reitera as sinaladas no artigo 6 da Lei 10/1966, do 18 de marzo, e que é aplicable a este expediente en virtude do establecido no punto 2 da disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, nin lle son de aplicación as prohibicións e limitacións dos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, respectivamente.

Á vista das alegacións, da contestación da empresa beneficiaria, a inspección sobre o terreo e o resto

da documentación que consta no expediente, dedúcese que:

1. A empresa beneficiaria procederá a rectifica-la titularidade do predio nº 27, aínda que as alegantes deberán achegar título suficiente que acredite a súa condición de propietarias. Sen embargo, non se pode acepta-la variación do trazado proposta por Angelina García González e Concepción Rivas Rodríguez, xa que dada a estreiteza e o número de curvas dos camiños propostos, resulta imposible non afectar a terceiros estremeiros non incluídos no expediente que se tramite, que poderían manifestarse en igual sentido cás alegantes; por outra parte, convén sinalar que a imposición da servidume de paso, establecida na declaración de utilidade pública da liña e anterior ó outorgamento da licencia municipal de obra, polo que non se dá ningunha das prohibicións que establece o artigo 25 do Decreto 2619/1966, e dada a situación da edificación respecto da liña, a distancia entre unha e outra é moi superior a calquera distancia esixida polos regulamentos de seguridade.

2. A empresa beneficiaria está disposta a chegar a mutuo acordo cos propietarios dos predios nº 34 e 35 antes do momento do levantamento das actas previas á ocupación; sen embargo, non se pode acepta-la variante proposta polo camiño público lindante co predio, xa que debido á condición imposta polo Concello de Ponteareas de que os apoios das instalacións se coloquen a unha distancia de 4 m do eixe do camiño, resulta patente a súa imposibilidade, xa que incluso desta forma o predio resultaría afectado na súa fronte; finalmente, a empresa fai constar que a liña se proxectou seguindo o trazado do camiño público, de forma que non impida regulamentariamente a construcción de futuras vivendas en tódolos terreos afectados, xa que a súa altura é de 20 m.

Considérase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A., xa que con esta liña se pretende mellora-la subministración de enerxía eléctrica nos sectores de influencia, debido ás numerosas reclamacións presentadas por cortes e deficiente subministración, aumentando deste xeito a seguridade para as persoas e bens, e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible atende-lo servicio demandado coa celeridade debida.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Industria e Comercio e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de novembro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co establecido polo artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, declárase a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola servidume de paso, para realiza-la instalación proxectada e proposta por Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A. da liña eléctrica a 20 kV, Bugarín-Ponteareas-Vilaso

broso (expediente 96/409), cos efectos e alcance previstos nos artigos 55 e 57 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Os bens e dereitos a que afecta esta disposición sitúanse no termo municipal de Ponteareas (Pontevedra) e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, o cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, seis de novembro de mil novecentos noventa e oito.

P.S. (Decreto 287/1998, do 22 de outubro)

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

10329