Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 23 de novembro de 1998 Páx. 12.548

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 19 de novembro de 1998 pola que se nomean os membros do xurado do Premio Eugenio Montero Ríos de Investigación Social e do Premio para Investigadores Mozos (área de ciencias sociais), correspondente ós Premios Galicia de Investigación 1998.

A orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 5 de setembro de 1998 (DOG do 17 de setembro), convoca o Premio Eugenio Montero Ríos de Investigación Social e o Premio para Investigadores Mozos (área de ciencias sociais), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 1998.

Na base sexta do artigo 1 da devandita orde establécese a composición do xurado. Na súa virtude, e de acordo coas propostas das institucións correspondentes, cómpre proceder ó nomeamento dos membros do xurado. Polo que antecede,

DISPÓN:

Artigo único.-Nomear membros do xurado do Premio Eugenio Montero Ríos de Investigación Social e do Premio para Investigadores Mozos (área de ciencias sociais), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 1998, as persoas que a seguir se relacionan:

Presidente: José Luis Suárez-Llanos Gómez, catedrático de dereito mercantil e presidente do Consello Económico e Social de Galicia.

Vocais:

Agustín Dosil Maceira, catedrático de psicoloxía evolutiva e da educación.

Manuel Fernández Areal, catedrático de xornalismo e decano da Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra.

Javier Gárate Castro, catedrático de dereito do traballo e da seguridade social e decano da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

José Antonio García Caridad, presidente do Consello Consultivo de Galicia e presidente da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.

Jesús Martínez Girón, catedrático de dereito do traballo e seguridade social.

José Luis Veira Veira, catedrático de socioloxía.

Secretario: Benito R. Fernández Rodríguez, xefe do Servicio de Promoción Xeral de Investigación da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento que actuará con voz pero sen voto.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento

10349