Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 23 de novembro de 1998 Páx. 12.547

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 16 de novembro de 1998 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación Festa da Istoria.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Festa da Istoria, con domicilio en Ribadavia.

Supostos de feito.

1. Justo Emilio García Janeiro, na súa calidade de secretario do padroado da fundación, en escrito do 25 de agosto de 1998 formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Ribadavia, o día 29 de xullo de 1998, ante a notaria do Ilustre Colexio da Coruña, María Isabel Louro García, co número setecentos vinteseis do seu protocolo, por Jaime Dávila Sánchez, Justo Emilio García Janeiro, Erundina Pumares Vázquez, María Elvira García Hermida, Francisco Alonso Fernández, María Mercedes Inés Rodríguez García,

Edmundo Araújo Gándara, José Luis Rodríguez González, Luis Escudero Estévez e María Teresa Rivela Martínez. Interveñen Jaime Dávila Sánchez en representación do Concello de Rivadavia, os demais comparecentes no seu propio nome e dereito e Justo Emilio García Janeiro en representación da Asociación Coordinadora Festa da Istoria.

3. Segundo consta no artigo seis dos seus estatutos, o obxecto da fundación é, entre outros, a promoción, xestión, proxecto e desenvolvemento da Festa da Istoria así como contribuír á dinamización cultural e social.

4. O padroado da fundación estará constituído por Jaime Davila Sánchez como presidente, Edmundo Araújo Gándara como vicepresidente, Justo Emilio García Janeiro como secretario, José Luis Rodríguez González como tesoureiro e Erundina Pumares Vázquez, María Elvira García Hermida, María de las Mercedes Inés Rodríguez García, Francisco Alonso Fernández, Luis Escudero Estévez e María Teresa Rivela Martínez como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Festa da Istoria, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 26 de outubro de 1998.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do

6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación,

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese cultural a Fundación Festa da Istoria e adscribila á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

10660