Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 23 de novembro de 1998 Páx. 12.547

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

DECRETO 317/1998, do 20 de novembro, polo que se dispón que cese, Ana María Gallego Castro, como directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de novembro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, por pasar a outro destino, Ana María Gallego Castro, como directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, vinte de novembro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

10708