Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 20 de novembro de 1998 Páx. 12.505

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1998, da División de Recursos Humanos, pola que se aproban os temarios que rexerán nas probas selectivas para o ingreso como persoal estatutario das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde e pola que se modifican diversos temas dos contidos nas resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos sobre temarios do 23 de xaneiro de 1995 na categoría de auxiliares administrativos e do 12 de abril de 1995 nas categorías de fisioterapeutas e ATS/DUE.

O Real decreto 118/1991, do 25 de xaneiro, sobre selección de persoal estatutario e provisión de prazas nas institucións sanitarias da Seguridade Social, establece que as probas selectivas para o acceso á condición de persoal estatutario se axustarán ós principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade e constarán, con carácter xeral, das fases de concurso e oposición.

Con base na devandita norma, asínase con tódalas organizacións sindicais presentes na mesa sectorial de sanidade o pacto de provisión e selección de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, publicado por Resolución do 26 de xuño de 1998 (DOG nº 132, do 10 de xullo), no que se prevén as próximas convocatorias de selección e provisión que se van realizar no Sergas ata o ano 2000. Con carácter previo á publicación das correspondentes convocatorias no DOG, procede dar público coñecemento dos temarios, que rexerán na fase de oposición do proceso selectivo que se convoque.

Polo que antecede, de conformidade coas competencias atribuídas na Orde de 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde e logo de negociación coas organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de Sanidade, esta división

RESOLVE:

1. Aproba-los temarios que rexerán nas probas selectivas para o ingreso como persoal estatutario das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde das categorías seguintes: matronas, logopedas, hixienistas dentais e persoal de servicios xerais. Tales temarios xúntanse como anexos: I, II, III e IV, respectivamente.

2. Modifica-los temarios contidos na resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos sobre temarios do 23 de xaneiro de 1995 (DOG nº 21, do 31 de xaneiro), dos auxiliares administrativos. Recóllense os temas modificados coa nova redacción e contido como anexo V da presente resolución.

3. Modifica-los temarios contidos na resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 12 de abril de 1995 (DOG nº 88, do 9 de maio) das categorías de fisioterapeutas e ATS/DUE. Recóllense os temas modificados coa nova redacción e contido como anexos VI e VII da presente resolución.

4. Decláranse vixentes os temarios publicados pola Resolución de 23 de xaneiro de 1995 (DOG nº 21, do 31 de xaneiro), corrección de erros no DOG nº 49, do 10 de marzo, que rexeron as probas selectivas das seguintes categorías: grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, celador, pinche e auxiliar administrativo, neste último grupo coas modificacións que se recollen na presente resolución.

5. Decláranse vixentes os temarios aprobados para as categorías de: técnicos especialistas de laboratorio, técnicos especialistas de radiodiagnóstico, técnicos especialistas de anatomía patolóxica e auxiliares de enfermería publicados por Resolución do 12 de abril de 1995 (DOG nº 88, do 9 de maio), así como os temas aprobados pola dita resolución das categorías de fisioterapeuta e ATS/DUE, non modificados pola presente resolución.

6. Declárase vixente o temario aprobado para a categoría de cociñeiros, publicado por Resolución do 12 de abril de 1995 (DOG nº 87, do 8 de maio).

7. Declárase vixente o temario de traballador social publicado por Resolución do 24 de febreiro de 1995 (DOG nº 52, do 15 de marzo).

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 1998.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde

ANEXO I

ATS/DUE Especialistas en obstetricia e xinecoloxía (matronas)

Tema 1. A Constitución española: principios xerais, estructura e contido. Dereitos e deberes fundamentais: dereitos e liberdades, garantías das liberdades e dereitos fundamentais. As Cortes Xerais: as cámaras de elaboración das leis. O Goberno e a Administración.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega. A economía e a facenda.

Tema 3. A estructura orgánica da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Estructura orgánica do Servicio Galego de Saúde.

Tema 4. A atención primaria de saúde: concepto e características xerais. A ordenación da atención

primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.

Tema 5. O persoal estaturario das institucións sanitarias da Seguridade Social. Previsión da Lei xeral de sanidade en materia de persoal. Estatutos que o regulan. Especial consideración do Estatuto de persoal sanitario non facultativo: ámbito de aplicación, clasificación do persoal, situacións administrativas, dereitos e deberes, funcións profesionais, xornada de traballo.

Tema 6. Asistencia sanitaria: obxecto e feitos causantes. Beneficiarios. Prestacións médicas e farmacéuticas. Modalidades da prestación médica. A universalidade da asistencia sanitaria.

Tema 7. Dereitos e obrigas dos usuarios dos servicios do sistema sanitario público. Relacións da matrona co doente. Relacións cos familiares e visitas.

Tema 8. O hospital e os problemas psicosociais do doente hospitalizado. O hospital como sistema. Hospital e contorno. O sistema interno do hospital. Problemas de adaptación do doente hospitalizado. Patróns específicos de resposta do doente ó sistema hospital.

Tema 9. Servicios maternais hospitalarios: definición, organización e estructura. Organización e estructura dos servicios obstétrico-xinecolóxicos. Organigrama de enfermería nos servicios obstétrico-xinecolóxicos.

Tema 10. Sistemas de rexistros. Protocolos de coidados osbstétrico-xinecolóxicos: definición, estructura, elaboración, implantación e revisión.

Tema 11. Coordinación de coidados obstétrico-xinecolóxicos entre ámbolos niveis asistenciais. Programas e planificación de coidados obstétrico- xinecolóxicos.

Tema 12. Modelo de coidados obstétrico-xinecolóxicos: criterios de elección. Sistemas de planificación de coidados obstétrico-xinecolóxicos: estandarización, individualización.

Tema 13. Educación para a saúde da muller. Concepto, obxectivos, planificación, metodoloxía, avaliación. Deseño de programas de educación para a saúde da muller.

Tema 14. Implantación, seguimento e avaliación de programas de educación para a saúde da muller. Composición e definición de funcións do equipo implicado na elaboración e implantación dos programas de educación para a saúde da muller.

Tema 15. Implicación da muller na educación para a saúde. Características da muller adolescente e adulta. Sistemas de comunicación e información na educación para a saúde da muller.

Tema 16. Reproducción humana: concepto, estructura e funcións do sistema reproductor. Desenvolvemento embriolóxico. Ciclo ovárico e endometrial. Conceptos xerais sobre reproducción humana. Ovoxénese, espermatoxénese.

Tema 17. Herdanza xenética. Desenvolvemento do embrión. Desenvolvemento do feto. Malformacións xenéticas: tipos, clasificación, causas, prevención.

Tema 18. Coidados da muller xestante: definición. Valoración de enfermería obstétrico-xinecolóxica no diagnóstico de embarazo. Tipo de probas diagnósticas do embarazo.

Tema 19. Autocoidados no embarazo: orientación, planificación. Complicacións do embarazo.

Tema 20. Prevención de infeccións no embarazo. Inmunización activa e pasiva. Enfermidades de transmisión sexual.

Tema 21. Educación maternal: definición, programas, metodoloxía, orientación e implantación.

Tema 22. Proceso de valoración de enfermería obstétrico-xinecolóxica durante o parto. Etapas do parto. Continuidade de coidados.

Tema 23. Farmacoterapia no proceso de parto. Procesos de valoración durante o parto. Complicacións no parto: valoración e actuación. Parto múltiple.

Tema 24. Valoración inicial e coidados inmediatos do neonato. Rexistros. Sistema de recollida de datos.

Tema 25. Puerperio: concepto e duración. Coidados integrais nai-neonato. Orientacións para os autocoidados no puerperio, sistema de control e seguimento do puerperio.

Tema 26. Patoloxías do puerperio: descrición, planificación e orientación de coidados. Sistema de control e seguimento nas patoloxías do puerperio.

Tema 27. Lactación natural e artificial: diferenciación e fundamentos. Información e orientación para as nais sobre a lactación natural e artificial.

Tema 28. Proceso da valoración inicial do neonato. Orientación para os pais sobre os seus coidados. Psicomotricidade: valoración básica.

Tema 29. Embarazo de alto risco: concepto. Situacións de risco: descrición, planificación de coidados obstétrico-xinecolóxicos. Orientación para os autocoidados.

Tema 30. Alteracións cardiovasculares, respiratorias, dixestivas, renais, hematolóxicas, neurolóxicas. Información e orientación para os autocoidados nesas alteracións.

Tema 31. Problemas derivados da drogodependencia: descrición. Información. Planificación de coidados e autocoidados e orientación para os autocoidados.

Tema 32. Hipertensión, diabete, infeccións: tipos, valoración obstétrico-xinecolóxicos da enfermería, implicacións materno-fetais nesas patoloxías.

Tema 33. Embarazo prolongado no tempo. Complicacións fetais. Parto de risco. Sufrimento fetal. Situacións de emerxencia: descrición, valoración e actuación.

Tema 34. Neonato de risco: descrición dos problemas, valoración, actuación e orientación dos coidados.

Tema 35. Planificación familiar: definición, elaboración, implantación e avaliación de programas. Anticoncepción: métodos. Infertilidade e esterilidade.

Tema 36. Patróns de resposta. Sexualidade nas etapas do ciclo vital. Sexualidade. Dificultades na vivencia da sexualidade. Deseño e desenvolvemento de programas de educación sexual.

Tema 37. Coidados de enfermería obstétrico-xinecolóxica da muller con problemas xinecolóxicos. Prevención do cancro xinecolóxico e da mama: programas. Consello xenético. Programas de saúde materno-infantil.

Tema 38. Enfermidades do colo uterino: malformacións, desgarros, infeccións e tumores benignos. O cancro do colo uterino e as súas entidades precursoras. Prevención do cancro de colo uterino.

Tema 39. Investigación en enfermería: métodos. Técnicas cualitativas e cuantitativas. Investigación nos coidados de enfermería obstétrico-xinecolóxicos. Base de datos de investigación, fontes de financiamento de investigación. Estructura dun traballo científico.

Tema 40. Calidade de coidados: concepto, metodoloxía e programas. Tendencias actuais da avaliación da calidade.

Tema 41. Saúde laboral: concepto. Condicións físico-ambientais do traballo. Accidentes de risco biolóxico. Enfermidades profesionais: descrición na xestión dos servicios sanitarios. Ergonomía: concepto.

Tema 42. Sistemas de xestión dos servicios sanitarios. Tendencias actuais. A xestión dos servicios de enfermería. O producto enfermeiro: concepto e medición. Carteira de servicios: concepto. Sistemas de medición do producto sanitario.

Tema 43. Concepto de hixiene hospitalaria. Antisépticos, desinfectantes. Esterilización. Papel da matrona na infección nosocomial: medidas preventivas. Illamentos hospitalarios: definición, tipos.

Tema 44. SIDA e hepatite: prevención, información e planificación dos coidados obstétrico-xinecolóxicos.

Tema 45. Menarquia, amenorrea, dismenorrea, menorraxia, metrorraxia: definición e planificación de coidados e autocoidados. Anorgasmia: definición e planificación de coidados e autocoidados.

Tema 46. Epidemioloxía. Concepto de epidemioloxía. Evolución histórica. Bases conceptuais. Aplicacións. Método epidemiolóxico. Vixilancia epidemiolóxica. Actividades características da vixilancia epidemiolóxica. Fontes de datos e elementos que utiliza a vixilancia epidemiolóxica.

Tema 47. Concepto de enfermidade transmisible. Vixilancia epidemiolóxica das enfermidades transmisibles e o seu control. Enfermidades transmisibles máis importantes no noso país. Enfermidades sexualmente transmisibles: tipos e características. Prevención das doenzas sexualmente transmisibles.

Tema 48. Embrioloxía e anatomía funcional do aparello xenital feminino e as súas relacións topográficas. Vascularización, enervación e drenaxe linfática. Pelve ósea.

Tema 49. Modificacións gravídicas extraxenitais do organismo materno: mamas, sangue, esqueleto, aparello respiratorio, aparello dixestivo, aparello circulatorio, aparello urinario, pel.

Tema 50. Ética e deontoloxía nos coidados de enfermería obstétrico-xinecolóxicos: principios e valores. Segredo profesional. Regulamentación xurídica e profesional. Aspectos ético-legais na interrupción do embarazo. Consentimento informado: concepto e implicacións da enfermería obstétrico-xinecolóxica.

ANEXO II

Diplomados en logopedia

Tema 1. A Constitución española: principios xerais, estructura e contido. Dereitos e deberes fundamentais: dereitos e liberdades, garantías das liberdades e dereitos fundamentais. As Cortes Xerais: as cámaras de elaboración das leis. O Goberno e a Administración.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega. A economía e a facenda.

Tema 3. A estructura orgánica da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Estructura orgánica do Servicio Galego de Saúde.

Tema 4. A atención primaria de saúde: concepto e características xerais. A ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.

Tema 5. O persoal estatutario das institucións sanitarias da Seguridade Social. Previsión da Lei xeral de sanidade en materia de persoal. Estatutos que o regulan. Especial consideración do Estatuto de persoal sanitario non facultativo: ámbito de aplicación, clasificación do persoal, situacións administrativas, dereitos e deberes, funcións profesionais, xornada de traballo.

Tema 6. Asistencia sanitaria: obxecto e feitos causantes. Beneficiarios. Prestacións médicas e farmacéuticas. Modalidades da prestación médica. A universalidade da asistencia sanitaria.

Tema 7. Dereitos e obrigas dos usuarios dos servicios do sistema sanitario público. Relacións do logopeda co doente. Relacións cos familiares e visitas.

Tema 8. Historia e evolución da logopedia: definición. Función da logopedia no sistema sanitario. Relacións do logopeda co equipo de saúde.

Tema 9. Organización e dotación dunha unidade de logopedia. Distribucións de funcións. Formulación de obxectivos.

Tema 10. Anatomía e fisioloxía dos órganos relacionados coa fonación e a fala. Sistema respiratorio, fonatorio, resoador e articulatorio.

Tema 11. Bases neurobiolóxicas da linguaxe. Neuroanatomía e neuropsicoloxía.

Tema 12. Alteracións secundarias da linguaxe: cadros clínicos e intervención logopédica.

Tema 13. Afasia: avaliación, factores prognósticos e intervención logopédica.

Tema 14. Parálise cerebral: avaliación e intervención logopédica.

Tema 15. Sistema auditivo: anatomía e fisioloxía da audición.

Tema 16. Física acústica. Estudio do son e a voz.

Tema 17. Fonoaudioloxía. Avaliación e medida da audición.

Tema 18. Fundamentos de lingüística en logopedia. Niveis de análise lingüística.

Tema 19. Desenvolvemento e adquisición da linguaxe. Etapas de desenvolvemento da linguaxe. Delimitación de termos de linguaxe e fala.

Tema 20. Pensamentos e linguaxe. Linguaxe e vida afectiva.

Tema 21. Atrasos da linguaxe: definición, etioloxía, clasificación, avaliación e intervención logopédica.

Tema 22. Afasia: concepto, etioloxía, semioloxía, formas clínicas. Clasificación, avaliación e intervención logopédica.

Tema 23. Deficiencia mental: concepto, etioloxía, clasificación, avaliación e intervención logopédica.

Tema 24. Parálise cerebral: concepto, etioloxía, tipos clínicos, avaliación e intervención logopédica.

Tema 25. Disartria: concepto, etioloxía, tipos clínicos, avaliación e intervención logopédica.

Tema 26. Disfemia infantil e no adulto: concepto, etioloxía, características, avaliación e intervención logopédica.

Tema 27. Dislalia: concepto, etioloxía, clasificación, avaliación e intervención logopédica.

Tema 28. Disglosia: concepto, etioloxía, clasificación, características, exploración e intervención logopédica.

Tema 29. Alteración da voz falada: disfonías funcionais: clasificación, concepto, etioloxía, manifestacións clínicas, avaliación e tratamento específico.

Tema 30. Alteración da voz falada: disfonías orgánicas: clasificación, concepto, etioloxía, manifestacións clínicas, avaliación e tratamento específico.

Tema 31. Parálises larínxeas: concepto, etioloxía, manifestacións clínicas, avaliación e tratamento específico.

Tema 32. Alteracións da voz cantada: disodeas: concepto, etioloxía, manifestacións clínicas, avaliación e tratamento específico. A voz profesional.

Tema 33. Larinxectomías: concepto, etioloxía, tipos, características, avaliación e tratamento específico. Voz esofáxica ou erixmofonía. Prótese fonatoria.

Tema 34. Deficiencias auditivas: concepto, etioloxía, clasificación, características, avaliación e tratamento. Repercusións da voz, a fala e a linguaxe.

Tema 35. Próteses auditivas: tipos e controis de eficacia.

Tema 36. Implantes cocleares: concepto, características, tipos. Criterios de selección, avaliación e rehabilitación específica da linguaxe, fala, voz e audición en nenos e adultos.

Tema 37. Trastornos da aprendizaxe. Trastorno de lecto escritura. Fracaso escolar.

Tema 38. O neno hipercinético e a disfunción cerebral mínima. Concepto, etioloxía, clasificación, características, avaliación e tratamento.

Tema 39. Autismo infantil: concepto, etioloxía, clasificación, características, avaliación e tratamento. Programas específicos.

Tema 40. Sistema de comunicación alternativa e novas tecnoloxías na avaliación e intervención dos trastornos da linguaxe, fala, voz e audición.

Tema 41. Logopedia no ámbito escolar e educativo. Enfoque multidisciplinar.

Tema 42. Logopedia no ámbito sanitario. Enfoque multidisciplinar.

Tema 43. Papel da familia no desenvolvemento asistencial dos trastornos da linguaxe, fala, voz e audición.

Tema 44. Logopedia e xeriatría. Programas adaptados ás necesidades comunicativas do ancián.

Tema 45. Hixiene vocal e prevención nas disfonías funcionais.

Tema 46. Ética e deontoloxía logopédica: principios básicos. Confidencialidade.

Tema 47. Saúde laboral: concepto. Condicións físico-ambientais do traballo. Accidentes de risco biolóxico. Enfermidades profesionais.

Tema 48. Investigación en logopedia: métodos. Técnicas cualitativas e cuantitativas. Fontes de financiamento da investigación. Estructura metodolóxica dun traballo científico.

Tema 49. O hospital e os problemas psicosociais do doente hospitalizado. O hospital como sistema. Hospital e contorno. O sistema interno do hospital. Problemas de adaptación do doente hospitalizado. Patróns específicos de resposta do doente ó sistema hospital.

Tema 50. Epidemioloxía. Concepto de epidemioloxía. Evolución histórica. Bases conceptuais. Aplicacións. Método epidemiolóxico. Vixilancia epidemiolóxica. Actividades características da vixilancia epidemiolóxica. Fontes de datos e elementos que utiliza a vixilancia epidemiolóxica.

Tema 51. Concepto de enfermidade transmisible. Vixilancia epidemiolóxica das enfermidades transmisibles e o seu control. Enfermidades transmisibles máis importantes no noso país. Enfermidades sexualmente transmisibles: tipos e características. Prevención das emfermidades sexualmente transmisibles.

ANEXO III

Hixienistas dentais

Tema 1. A Constitución española: principios xerais, estructura e contido. Dereitos e deberes fundamentais: dereitos e liberdades, garantías das liberdades e dereitos fundamentais. As Cortes Xerais: as cámaras de elaboración das leis. O Goberno e a Administración.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega. A economía e a facenda.

Tema 3. A estructura orgánica da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Estructura orgánica do Servicio Galego de Saúde.

Tema 4. A atención primaria de saúde: concepto e características xerais. A ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.

Tema 5. O persoal estaturario das institucións sanitarias da Seguridade Social. Previsión da Lei xeral de sanidade en materia de persoal. Estatutos que o regulan. Especial consideración do Estatuto de persoal sanitario non facultativo: ámbito de aplicación, clasificación do persoal, situacións administrativas, dereitos e deberes, funcións profesionais, xornada de traballo.

Tema 6. Asistencia sanitaria: obxecto e feitos causantes. Beneficiarios. Prestacións médicas e farmacéuticas. Modalidades da prestación médica. A universalidade da asistencia sanitaria.

Tema 7. Dereitos e obrigas dos usuarios dos servicios do sistema sanitario público. Relacións do hixienista dental co doente. Relacións cos familiares e visitas.

Tema 8. Músculos da mastigación, deglución, linguaxe oral e do xesto. Enervación e vascularización buco-dental.

Tema 9. Aparello dixestivo: definición, composición, alteracións. Aparello excretor. Definición e función.

Tema 10. Articulacións temporomandibulares, estructuras asociadas. Ósos e articulacións da cabeza e do pescozo.

Tema 11. A célula: compoñentes físicos e químicos. Concepto de tecido.

Tema 12. Desenvolvemento embriolóxico dos órganos e sistemas do corpo humano.

Tema 13. Flora microbiana normal: concepto, composición, crecemento.

Tema 14. Inmunidade: definición. Sistema inmunitario. Antíxeno/anticorpo: concepto e diferenciación.

Tema 15. Composición microbiolóxica da placa dental e saliva.

Tema 16. Caries: definición, causas, prevención. Alteracións periodontais.

Tema 17. Traumatismos e infeccións da cara e maxilares: definición e descrición.

Tema 18. Alteracións das enxivas, mucosa oral e glándulas salivares.

Tema 19. Desenvolvemento e alteracións da estructura dentaria. Oclusión. Maloclusión.

Tema 20. Saúde buco-dental: concepto e métodos para a súa prevención. Hábitos alimenticios relacionados coa saúde buco-dental.

Tema 21. Nutrición: concepto. Os alimentos: tipos e procesamentos. Inxestión. Dixestión. Absorción. Excreción.

Tema 22. Enfermidades periodontais. Patoloxía da pulpa.

Tema 23. Vías de administración de medicamentos empregados en odontoloxía: descrición e diferenciación.

Tema 24. Analxésicos, anestésicos, antiinflamatorios, antibióticos: concepto e diferenciación.

Tema 25. Coagulantes e anticoagulantes: concepto, diferenciación e precaucións.

Tema 26. Raios X: concepto. Tipos de radiografías buco-dentais. Revelado. Métodos. Conservación e mantemento do equipo radiolóxico.

Tema 27. Materiais dentais: fundamento, composición, tipos.

Tema 28. Técnicas de limpeza e pulido dentarios supraxinxivais: descrición.

Tema 29. Hixiene buco-dental e interdental: concepto e utilización. Fluorados: concepto e utilización.

Tema 30. Concepto de saúde e enfermidade. Saúde pública: definición e desenvolvemento. Educación para a saúde: concepto. Programas de saúde buco-dental: concepto, elaboración, implantación, avaliación. Poboación á que van dirixidos.

Tema 31. Saúde laboral: concepto. Enfermidades profesionais. Riscos profesionais en odontoloxía. Normas de seguridade en odontoloxía e radioloxía dental: descrición.

Tema 32. Comunicación co paciente. Recepción. Recollida de datos. Sistemas de rexistros e arquivos.

Tema 33. Equipo humano odontolóxico. Composición e organización. Ética no proceso odontolóxico: principios básicos. Confidencialidade.

Tema 34. Ergonomía. Concepto. Colocación do doente para exploración buco-dental. Posición do facultativo e do hixienista.

Tema 35. Material odontolóxico: descrición. Conservación, limpeza e esterilización do material odontolóxico.

ANEXO IV

Persoal de servicios xerais

Tema 1. A Constitución española: principios xerais, estructura e contido. Dereitos e deberes fundamentais: dereitos e liberdades, garantías das liber

dades e dereitos fundamentais. As Cortes Xerais: as cámaras de elaboración das leis. O Goberno e a Administración.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega. A economía e a facenda.

Tema 3. A estructura orgánica da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Estructura orgánica do Servicio Galego de Saúde.

Tema 4. A estructura, organización e funcionamento dos hospitais dependentes do Servicio Galego de Saúde. Estructura e ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 5. A universalización do dereito á asistencia sanitaria. Dereitos e obrigas dos usuarios de servicios do sistema sanitario público.

Tema 6. Referencia xenérica ó persoal estatutario das institucións sanitarias da Seguridade Social. Previsións da Lei xeral de sanidade en materia de persoal. Estatutos de persoal médico e sanitario non facultativo: referencia xenérica ó ámbito de aplicación e principais características configuradoras da súa prestación de servicios no relativo a: xornada de traballo, situacións administrativas e dereitos e deberes do persoal afectado por eles.

Tema 7. O estatuto do persoal non sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social: ámbito de aplicación, clasificación do persoal, situacións administrativas, dereitos e deberes, funcións profesionais, xornada de traballo, réxime disciplinario e acción social. Decreto 160/1996, do 25 de abril, de configuración e introducción no Estatuto de persoal non sanitario de institucións sanitarias da Seguridade Social da categoría de persoal de servicios xerais. Orde do 8 de novembro de 1995 pola que se desenvolven determinadas materias da regulamentación da categoría de persoal de servicios xerais.

Tema 8. Selección de persoal estatutario e provisión de prazas nas institucións sanitarias da Seguridade Social. Sistema vixente sobre nomeamentos e vinculacións temporais do persoal estatutario nas institucións sanitarias xestionadas polo Servicio Galego de Saúde: breve análise do seu contido.

Tema 9. As retribucións do persoal estatutario que presta os seus servicios nas institucións sanitarias da Seguridade Social. Especial referencia ó Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro, sobre retribucións do persoal estatutario do Instituto Nacional da Saúde.

Tema 10. Estructura orzamentaria. Pagamentos en firme e a xustificar. A ordenación do gasto e do pagamento; órganos competentes, fases do procedemento e documentos contables que interveñen.

Ideas básicas e xerais de contabilidade financeira e orzamentaria.

Tema 11. O procedemento administrativo: Concepto e importancia. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: ideas xerais sobre a iniciación, ordenación, instrucción e terminación do procedemento administrativo. Recursos administrativos: concepto e clases.

Tema 12. Funcionamento das institucións sanitarias: servicios de documentación clínica hospitalaria. Servicios de admisión e atención ó paciente. As subministracións e a xestión de hostelería nas institucións sanitarias.

Tema 13. Clasificación e arquivo de documentos. Ideas xerais sobre o sistema de clasificación. Arquivo de documentos: natureza e clases de arquivos. Funcionamento dos arquivos. Entrada en arquivo, saída en arquivo e devolucións.

Tema 14. Compoñentes do ordenador. Microprocesadores: concepto e tipos. Almacenamento de información: memoria, discos, CD-ROM, Streamer. Periféricos de entrada/saída.

Tema 15. Sistemas operativos: MS-DOS. Concepto. Elementos comúns entre distintos sistemas operativos. MS-DOS: comandos básicos.

Tema 16. Sistemas operativos: Windows. Windows 95 concepto, administrador de impresión, explorador de windows.

Tema 17. Ofimática: Microsoft office 97: Word, Excel, Acces e Power Point.

Tema 18. Atención ó enfermo e ós familiares. Control de fluxos de circulación de pacientes e visitas: recepción, orientación e información como normas básicas de actuación.

Tema 19. Hixiene e seguridade nas institucións sanitarias. Hixiene e benestar dos pacientes. Movemento de pacientes: acceso e traslados nas institucións sanitarias, movementos nos transportes de ambulancia.

Tema 20. Coñecementos básicos de utensilios, mobiliario e enxoval das institucións sanitarias: coidados e conservacións. Recepción e transmisión de mensaxes e documentos.

Tema 21. Sistemas de comunicación dun centro sanitario: clases e características. Incidencia sobre o funcionamento do centro.

ANEXO V

Grupo auxiliar administrativo da función administrativa

Tema 19. sistemas operativos: Windows. Windows 95: concepto, administrador de impresión, explorador de Windows.

Tema 20. Ofimática: Microsoft Office 97: Word, Excel, Acces e Power Point.

ANEXO VI

Fisioterapeutas

Tema 6. Asistencia sanitaria: obxecto e feitos causantes. Beneficiarios. Prestacións médicas e farmacéuticas. Modalidades da prestación médica. A universalidade da asistencia sanitaria.

Tema 7. Dereitos e obrigas dos usuarios dos servicios do sistema sanitario público. Relacións do fisioterapeuta co doente. Relacións cos familiares e visitas.

Tema 8. Organización e dotación dunha unidade de fisioterapia. Distribución de funcións. Formulación de obxectivos. A historia clínica: recollida de datos, informes, evolución e alta. Dotación material, distribución e dimensións dunha unidade de fisioterapia.

Tema 9. Fisioloxía: excitabilidade e conducción nerviosa. Alteracións centrais e periféricas. Electrodiagnóstico: xeneralidades, aplicacións clínicas máis importantes. Fisioloxía da contracción muscular. Tipos de contracción. Niveis de control motor do sistema nervioso. Funcións motoras da médula espiñal. Receptores sensoriais do movemento e posición.

Tema 10. Traumatoloxía: xeneralidades sobre contusións, escordaduras, luxacións, fracturas, amputacións. Ortopedia e patoloxía articular e reumática: xeneralidades. Concepto de artrite, artrite reumatoide, artrose, espondilite anquilopoética, enfermidade de paget, osteoporose e afeccións músculo-tendinosas. Enfermidades do tecido conxuntivo.

Tema 11. Ortopedia: conceptos. Ombro: ombro doloroso, luxación recidivante. Cóbado: epicondilite, epitrocleíte, síndrome de Wolkman. Pulso: síndrome do túnel carpiano, de Güyon, enfermidade de Kiembook, de Dupuytren. Cadeira: artrite séptica, necrose cefálica femoral, coxartrose. Xeonllo: gonartrose. Nocello: pé zambro, plano, cavo. Hallusx valgus. Patoloxía da columna vertebral: cérvico-braquialxia, dorsalxia, lumbalxia, cifose, espondilolistese, escoliose.

Tema 12. Cinesioloxía: eixes e planos do corpo. Movementos articulares elementais. Goniometría articular: concepto, rexistro, técnicas gonométricas e amplitudes articulares dos MM.SS., MM.II. e columna vertebral. Valoración muscular: principios xerais, sistemas de gradación, técnica de valoración muscular.

Tema 13. Cinesioloxía: a marcha: xeneralidades. Ciclo da marcha. Desprazamento do centro de gravidade. Patrón cinético da pelve, xeonllo, nocello e pé na marcha. Accións musculares no nivel de MM.II. Marcha ascendente, descendente e carreira.

Tema 14. Electroterapia. Concepto, unidades e leis fundamentais, clasificación segundo frecuencia. Correntes de baixa frecuencia: concepto, indicacións e contraindicacións, modos de aplicación e intensidades da corrente galvánica pura e da iontoforese. Concepto, clasificación, efecto excitomotor, parámetros, modos de aplicación, indicacións e contraindicacións das correntes variables.

Tema 15. Ultrasonoterapia. Efectos do ultrasón: mecánico e térmico. Efectos fisiolóxicos e terapéuticos. Métodos de ensamblaxe e mobilidade do cabezal. Dosificación. Terapia combinada. Indicacións e contraindicacións. Protocolos de aplicación en patoloxías.

Tema 16. Fototerapia. Concepto, fundamentos, leis comúns. Radiación infravermella e radiación ultravioleta: producción, tipos, efectos fisiolóxicos e terapéuticos, dosificación, técnicas de aplicación, indicacións e contraindicacións.

Tema 17. Laserterapia: concepto, absorción de láser nos tecidos, tipos, modalidades, aplicación, efectos fisiolóxicos e terapéuticos, dosimetría, indicacións e contraindicacións.

Tema 18. Magnetoterapia: concepto. Biomagnetismo: bases biolóxicas, osteoxénese. Modalidades de aplicación. Efectos fisiolóxicos e terapéuticos. Indicacións e contraindicacións. Dosificación. Equipos.

Tema 19. Termoterapia e crioterapia. Conceptos. Formas de propagación da calor. Termorregulación: estímulo térmico e frío. Técnicas de aplicación, efectos fisiolóxicos e terapéuticos. Indicacións e contraindicacións da termoterapia e a crioterapia.

Tema 20. Hidroterapia: concepto. Principios xerais. Tipos de auga. Temperatura da auga. Efectos fisiolóxicos e terapéuticos. Indicacións e contraindicacións. Técnicas hidroterápicas: baños, compresas e envolturas, ablucións, procesos hidrocinéticos.

Tema 21. Cinesiterapia: concepto. Recordo histórico. Axentes cinéticos. Clasificación. Principios xerais: instalación do doente, posicións, posición do fisioterapeuta, respecto á dor, progresión no tratamento.

Tema 22. Cinesia pasiva. Técnicas pasivas específicas: traccións articulares. Posturas osteoarticulares, estiramentos musculares, repouso e relaxación. Principios de realización. Técnicas. Dosificación. Efectos terapéuticos. Indicacións e contraindicacións.

Tema 23. Cinesiterapia activa: concepto. Principios xerais. Tipos de modalidade. Clasificación. Efectos fisiolóxicos e terapéuticos. Indicacións e contraindicacións. K.A. libre. Concepto de clasificación.

Tema 24. Cinesiterapia activa-resistida: concepto. Factores condicionantes do desenvolvemento muscular. Clasificación. Métodos dinámicos de cargas crecentes directas: Delorme e Dotte. Efectos fisiolóxicos e terapéuticos. Indicacións e contraindicacións.

Tema 25. Mecanoterapia: concepto. Indicacións. Interese actual. Equipos especiais: aparellos de tracción, bicicleta cinética, roda de ombreiro, mesa de man, espaldeiras, escaleiras, ramplas, escaleiras de dedos, táboa de Boheler, gaiola de Rocher.

Tema 26. Masoterapia. Concepto. Efectos terapéuticos. Técnicas de masoterapia e manobras fundamentais: rozamento, fricción, presión amasamento, vibración e percusión. Indicacións e contraindicacións.

Tema 27. Técnicas especiais de masoterapia: masaxe transersa profunda, drenaxe linfática manual e masaxe do tecido conxuntivo: efectos fisiolóxicos e terapéuticos, técnicas, indicacións e contraindicacións.

Tema 28. A facilitación neuromuscular propiocéptica. Método Kabat. Concepto. Importancia da exterocepción e propiocepción na F.N.P. Técnicas básicas de aplicación. Técnicas de facilitación da contracción e técnicas de relaxación.

Tema 29. Contencións por vendaxes. Vendaxes funcionais: concepto, tipos, principios de aplicación, indicacións e contraindicacións. Contencións ríxidas: concepto, obxectivos, tipos de contencións e material empregado, tipos de aplicacións. Efectos fisiolóxicos e terapéuticos, indicacións e contraindicacións.

Tema 30. Terapia manual: xeneralidades. Teoría do mecanismo lesional e de acción das manipulacións articulares. Obxectivos da terapia manual nos síndromes radicular e pseudorradiculares. Probas cinesiolóxicas e específicas. Tipos de restricción e dirección. Técnicas estructurais e funcionais de manipulación. Indicacións e contraindicacións.

Tema 31. Tratamento cinesiterápico da escoliose: relaxación, flexibilización curvas, potenciación muscular en corrección, equilibración xeral. Cinesiterapia pre e poscirúrxica e durante o tratamento ortésico. Medios auxiliares. Métodos especiais: principios.

Tema 32. Cinesiterapia nas desviacións saxitais do raque: cifose e hiperlordose. Concenciación, reeducación do control postural, flexibilización, corrección e hipercorrección, reducción muscular, rinesiterapia asociada a medios ortopédicos.

Tema 33. Reeducación da marcha. Alteracións da marcha. Avaliación funcional da marcha. Métodos e técnicas fisioterápicas. Fases de reeducación da marcha. Material auxiliar.

Tema 34. Fisioterapia pediátrica. Xeneralidades sobre tratamento fisioterápico nas anomalías conxénitas. Pé zambro equinovaro, pé zambro talovalgo, luxación conxénita de cadeira. Cabaleiro, parálises braquiais, espiña bífida.

Tema 35. Introducción á psicomotricidade. Conceptos de educación psicomotriz, terapia psicomotriz e reeducación psicomotriz. Xeneralidades sobre o desenvolvemento psicomotor. Xeneralidades do tratamento psicomotriz en nenos con dificultades de aprendizaxe.

Tema 36. Tratamento fisioterápico da parálise cerebral infantil. Concepto de P.C. infantís. Efectos das lesións cerebrais infantís sobre movemento de tronco e extremidades. Tipos de parálise. Clasificación e bases dos métodos de tratamento: método Bobath e método Vojta. Fisioterapia na prevención ou limitación das deformacións ortopédicas.

Tema 37. Fisioterapia na patoloxía neurolóxica periférica. Xeneralidades sobre tratamento fisioterápico das paresias atróficas, parálise periféricas trunculares, lesións de hasta anterior enfermidades dexenerativas.

Tema 38. Fisioterapia reumatolóxica: xeneralidades sobre tratamento fisioterápico en artrite, artrose, espondilite anquilopoiética, man reumática, e enfermidades do tecido conxuntivo.

Tema 39. Fisioterapia en traumatoloxía: xeneralidades sobre tratamento fisioterápico dos traumatismos do aparello locomotor, traumatismos torácicos, abdominais, do macizo facial e craneoencefálico, politraumatizados. Tratamento xeral en amputacións. Xeneralidades sobre fisioterapia deportiva.

Tema 40. Fisioterapia en obstetricia e xinecoloxía. Xeneralidades sobre preparación física e psicolóxica no embarazo: exercicio, relaxación e respiración. Exercicios preparatorios para a expulsión. A tose na abordaxe de Pfannestiel. Síntomas de debilidade do solo pélvico. Restauración da función por medio da reeducación dos músculos do solo pélvico.

Tema 41. Fisioterapia respiratoria. Concepto, principios xerais e obxectivos. Xeneralidades sobre as técnicas de percusión e vibración, drenaxe postural, expectoración asistida, cinesiterapia respiratoria, reeducación costal. Indicacións e contraindicacións. Fisioterapia na cirurxía torácica. Xeneralidades da fisioterapia en patoloxía isquémica e na unidade de coidados intensivos. Fisioterapia en cirurxía cardíaca. Trasplantes cardíacos e pulmonares.

Tema 42. Investigación en fisioterapia. Métodos. Técnicas cualitativas e cuantitativas. Fontes de financiamento. Estructura metodolóxica dun traballo científico.

Tema 43. Saúde laboral. Concepto. Condicións físico-ambientais do traballo. Accidentes de risco biolóxico. Enfermidades profesionais. Ergonomía. Métodos de mobilización de doentes.

Tema 44. Historia e evolución da fisioterapia. Concepto de fisioterapia e rehabilitación. Clasificación da fisioterapia segundo axentes físicos. Funcións da fisioterapia no sistema sanitario. Relacións do fisioterapeuta co equipo de saúde.

Tema 45. Anatomía: tipos de tecidos e funcións. O tecido muscular: estructura, tipos de músculos. O tecido óseo: estructura, tipos de ósos. Articulacións: compoñentes e tipos. O tecido nervioso: a neurona e a unidade motora.

Tema 46. Enfermidades do corazón: síntomas: disnea, dor precordial. Conceptos de shock, síncope, arritmia, insuficiencia cardíaca e tipos, cardiopatía isquémica, anxina e infarto. Enfermidades respiratorias. Conceptos de insuficiencia respiratoria, EPOC, bronquite crónica, enfisema, embolismo pulmonar, asma bronquial. Accidente cerebro-vascular: trombose, hemorraxia.

Tema 47. Cinesioloxía: o raque no seu conxunto. Estructura. Constitución vértebra tipo. Curvaturas. O núcleo e o disco intervertebral. Migración da auga no núcleo. Forzas de comprensión no disco. Comportamento do disco nos diferentes movementos. Tipos de hernias. Hernia discal e mecanismo de comprensión radicular. Signo de Laségue.

Tema 48. Cinesioloxía: o pulso: complexo articular. Elementos. Cinemática. Aparello motor. A man: articulacións. Elementos. Corredoiras e vaíñas tendinosas. Columnas. Cinemática. Aparello motor. Configuración da concavidade palmar. O polgar: cinemática. Aparello motor. Presión: presas dixitais, palmares e centradas.

Tema 49. Electroterapia. Correntes de media frecuencia: correntes interferenciais: características, obtención, efectos fisiolóxicos, mecanismos de aplicación, efectos terapéuticos e varrido de frecuencia, protocolos de aplicación en diferentes patoloxías.

Tema 50. Electroterapia. Correntes de alta frecuencia: clasificación. Onda curta (continua e pulsada) e ondas decimétricas (microonda e UHF): formas de aplicación, dosificación, indicacións e contraindicacións, protocolos de aplicación en diferentes patoloxías.

Tema 51. Tratamento fisioterápico da hemiplexía. Xeneralidades sobre avaliación funcional, bases e técnicas terapéuticas do método Bobath e do método Brunstrom. Fisioterapia na prevención ou limitación das deformacións ortopédicas.

ANEXO VII

Temario de ATS/DUE

Tema 6. Asistencia sanitaria: obxecto e feitos causantes. Beneficiarios. Prestacións médicas e farmacéuticas. Modalidades da prestación médica. A universalidade da asistencia sanitaria.

Tema 7. Dereitos e obrigas dos usuarios dos servicios do sistema sanitario público. Relacións do ATS/DUE co doente. Relacións cos familiares e visitas.

Tema 8. O hospital e os problemas psicosociais do doente hospitalizado. O hospital como sistema. Hospital e contorno. O sistema interno do hospital. Problemas de adaptación do doente hospitalizado. Patróns específicos de resposta do doente ó sistema hospital.

Tema 9. Tendencia e modelos máis utilizados nos coidados de enfermería. Tendencia naturista. Tendencia de suplencia en axuda. Tendencia de interrelación. O método científico no traballo da enfermería. Proceso de atención de enfermería. Etapas do proceso de atención de enfermería. Aspectos organizativos do proceso de atención de enfermería.

Tema 10. Epidemioloxía. Concepto de epidemioloxía. Evolución histórica. Bases conceptuais. Aplicacións. Método epidemiolóxico. Vixilancia epidemiolóxica. Actividades características da vixilancia epidemiolóxica. Fontes de datos e elementos que utiliza a vixilancia epidemiolóxica.

Tema 11. Concepto de enfermidade transmisible. Vixilancia epidemiolóxica das enfermidades transmisibles e o seu control. Enfermidades transmisibles máis importantes no noso país. Enfermidades sexualmente transmisibles: tipos e características. Prevención.

Tema 12. Coordinación de coidados entre niveis asistenciais: sistemas, metodoloxía. O informe de enfermería ó alta. Protocolos de coidados entre ámbolos niveis asistenciais: definición, concepto, metodoloxía.

Tema 13. Ética e deontoloxía nos coidados de enfermería: principios e valores. O segredo profesional: concepto. Regulamentación xurídica. Aspectos ético-legais relativos á eutanasia, trasplantes de órganos e interrupción voluntaria do embarazo. Problemática da morte: aspectos éticos.

Tema 14. Saúde laboral: concepto. Condicións físico-ambientais do traballo. Accidentes de risco biolóxico. Enfermidades profesionais. Ergonomía. Métodos de mobilización de enfermos.

Tema 15. Investigación en enfermería: métodos, técnicas cualitativas e cuantitativas. Investigación de coidados enfermeiros. Fontes de financiamento. Estructura metodolóxica dun traballo científico.

Tema 16. Xestión de servicios sanitarios: tendencias actuais. A xestión dos servicios de enfermería: tendencias actuais. O producto enfermeiro: concepto, medición. Carteira de servicios: concepto. Sistemas de medición do producto sanitario.

Tema 17. Xestión da calidade: concepto. Calidade de coidados: metodoloxía, deseño e implantación de programas. Tendencias actuais de avaliación da calidade dos coidados de enfermería.

Tema 18. Diabete: definición: tipos. Tratamento, planificación de coidados. Educación diabetolóxica: definición, orientación e contidos dos programas. Pautas de administración de insulina. Coma diabético. Coidados de enfermería.

Tema 19. Procesos crónicos pulmonares: definición, tipos, planificación de coiados. Crise obstructiva: actuación de enfermería. O enfermo pulmonar crónico e o seu contorno familiar.

Tema 20. Coidados de enfermería a doentes críticos. Politraumatizados: concepto, valoración e coidados de enfermería. Shoch: definición, tipos, valoración e coidados de enfermería.

Tema 21. Insuficiencia respiratoria aguda: definición, valoración e coidados de enfermería. Parada cardiorrespiratoria: definición, diagnóstico. Reanimación cardiopulmonar básica e avanzada: técnicas. Carro parada.

Tema 22. O paciente cirúrxico: coidados de enfermería no preoperatorio, intraoperatorio e postoperatorio. Protocolos de actuación. Planificación de coidados.

Tema 23. Accidente cerebro-vascular (A.C.V.): definición, tipos. Protocolos de actuación. Planificación de coidados.

Tema 24. A saúde mental: definición, coidados de enfermería á persoa con angustia, hipocondría, depresión, Alzheimer. Actuación de enfermería ante unha situación crítica de urxencia psiquiátrica e toxicomanía.

Tema 25. Envellecemento: definición, causas biolóxicas. Característiscas e desenvolvemento do período senil. A personalidade do ancián. Alteracións psíquicas. Orientación para os autocoidados do ancián. O ancián enfermo: planificación de coidados integrais. Programas sociosanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 26. Administración de medicamentos por vía parenteral: selección de vías, criterios, precaucións previas á administración dun fármaco. Coidados de vías centrais e periféricas. Protocolos de actuación. Flebite: concepto. Prevención. Protocolos de actuación.

Tema 27. Alimentación, nutrición, dietética: definición e diferenciación. Clasificación dos alimentos. Dieta equilibrada. Elaboración de dietas. Dieta basal hospitalaria. Dietas terapéuticas. Dietas hipocalóricas e hipercalóricas. Desnutrición e deshidratación: concepto, signos, valoración e coidados de enfermería.

Tema 28. Nutrición enteral: definición, preparados, técnicas de administración. Protocolos de actuación.

Tema 29. Infección nosocomial: definición, prevención e control. Sistemas. Illamentos hospitalarios: definición, tipos, descrición. Hixiene hospitalaria: concepto. Antisépticos/desinfectantes. Esterilización: métodos empregados segundo o tipo de material, tipos de controis. Manipulación e conservación do material.

Tema 30. Embolia cerebral: etioloxía. Hemorraxia encefálica ou apoplexía cerebral sanguínea: etioloxía cadro clínico. Epilepsia: concepto e variedades, signos e síntomas. Coidados de enfermería.

Tema 31. Afectacións neurolóxicas na vellez. Cefaleas. Vertixes. Síndrome parkinsoniano e de Alzheimer. Vixilancia e coidados de enfermería.

Tema 32. Arterias e veas. Sistema da arteria e veas pulmonares. Sistema da aorta e cava inferior. Arterias e veas do membro superior. Arterias e veas do membro inferior.

Tema 33. Hemorraxias: clasificación, causas. Consecuencias, signos e síntomas. Actitude da enfermería ante unha hemorraxia.

Tema 34. Insuficiencia cardíaca: causas, manifestacións clínicas. Coidados de enfermería. Hipertensión arterial: etioloxía. Coidados de enfermería. Angor. Infarto de miocardio: signos e síntomas. Coidados de enfermería.

Tema 35. Medicamentos cardiovasculares: cardioactivos, antilipémicos. Medicamentos que inflúen na coagulación: coagulantes, anticoagulantes, hemostáticos, trombolíticos, antiagregantes plaquetarios.

Tema 36. Cateterismo vesical: indicacións da sondaxe vesical. Tipos sondas. Técnica no home. Técnica na muller. Atención de enfermería.

Tema 37. Drenaxes simples. Drenaxes de succión ó baleiro. Drenaxes con aspiración continua: indicacións, complicacións. Atención de enfermería.

Tema 38. Embrioloxía e anatomía funcional do aparello xenital feminino e as súas relacións topográficas. Vascularizacion, inervación e drenaxe linfática. Pelve ósea.

Tema 39. A instauración do embarazo: fecundación, nidación e desenvolvemento do ovo nos primeiros estadios. Modificacións do aparello xenital durante o embarazo: anexos, útero, vaxina e xenitais externos. O segmento inferior.

Tema 40. Enfermidades propias do embarazo: hiperemese gravídica, hemorraxias da primeira e segunda metade do embarazo.

Tema 41. O neonato normal e patolóxico: valoración e primeiros coidados. Atención de enfermería ó neonato na sala de partos. Lactación natural. Lactación artificial. Dietas especiais. Atención de enfermería.

Tema 42. Antineoplásicos. Clasificación. Efectos secundarios. Medicamentos coadxuvantes. Manipulación de medicamentos citostáticos.

Tema 43. Crises convulsivas nos nenos: atención de enfermería. Insuficiencia respiratoria aguda no neno: atención de enfermería. Problemas gastrointestinais agudos no neno. Deshidratación no neno. Atención de enfermería.

Tema 44. Nutrición parenteral: Concepto, tipos de solucións, preparación. Indicacións. Técnicas de nutrición parenteral. O coidado das vías.

Tema 45. Formas de clasificación dos medicamentos. Vías de administración dos medicamentos. Absorción e distribución dos fármacos. Metabolismo e eliminación dos fármacos. Toxicidade e efectos colaterais dos fármacos. Farmacovixilancia. Condicións de conservación dos medicamentos. Caducidades.

Tema 46. Medicamentos analxésicos: clasificación. Analxésicos narcóticos. Antagonistas. Analxésicos con narcóticos. Analxésicos antipiréticos. Analxésicos antiinflamatorios.

Tema 47. O desenvolvemento da conducta. Os estadios do desenvolvemento. A involución da conducta. A aprendizaxe da conducta: tipos e procesos básicos de aprendizaxe.

Tema 48. Enfermo xeriátrico renal. Cambios anatómicos e funcionais no sistema urinario. Coidados asistenciais de enfermería. Patoloxía ocular da senescencia. Involución normal do sentido da visión. Atención de enfermería das principais afectacións oculares.

Tema 49. Oncoloxía xeriátrica. Epidemioloxía do cancro no ancián. Localizacións máis frecuentes. Terapias e papel de enfermería.

Tema 50. Abdome agudo. Etioloxía clínica. Coidados de enfermería. Complicacións da úlcera gastro-duodenal. Etioloxía clínica. Coidados de enfermería.

10422