Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 19 de novembro de 1998 Páx. 12.478

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 6 de outubro de 1998, do Servicio Provincial de Costas de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución do expediente 63.15/95 (B), por presunta infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, a porposta de resolución que formula o instructor, polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción á Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, (no sucesivo L.C.) e do seu regulamento (en diante R.C.).

O que se lle comunica ó interesado de conformidade cos artigos 19.1º do R.D. 1398/1993 e 194.10º do Regulamento de costas, para que no prazo de quince (15) días, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poida obte-las copias dos documentos que constan no expediente que estime oportunos e fomrula-las alegacións e presenta-los documentos que crea pertinentes, perante o instructor do procedemento.

Pontevedra, 6 de outubro de 1998.

P.A.

Alfonso Fernández Fernández

Instructor

ANEXO

Expediente número: 63.15/95 (B).

Denunciado: Construciones Albino Fernández, S.L.

Condición: constructora.

Último enedrezo coñecido: rúa de Rons O Grove.

Data da proposta: 17-8-1998.

Feitos: construcción dunha vivenda unifamiliar de madeira e construcción dun galpón.

Lugar: praia de Barcela.

Concello: O Grove.

Proposta: en aplicación dos artigos 95.1º e 97.1º da L.C. e artigos 179.1º e 180 b) do R.C. proponse a imposición, con carácter solidario, a Construcciones Albino Fernández, S.L., dunha multa de un millón cento corenta e dúas mil setecentas corenta e seis pesetas (1.142.746 ptas.), que deberá aboar ingresando na conta nº 2091/0388-90-3110001181 da oficina de Caixa Galicia en Pontevedra, a citada cantidade, desde que sexa definitiva en vía administrativa a resolución que recaia.

10061