1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.
2. Obxecto do contrato.
Tipo de contrato: subministración.
Descrición do obxecto: instalación de carro-varadoiro no porto pesqueiro de Bueu (PO).
División por lotes e número: non existen lotes.
Lugar de entrega: porto pesqueiro de Bueu (PO).
Prazo de entrega: desde o día seguinte ó da sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1998.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: dezaseis millóns catrocentas noventa e sete mil setecentas sesenta e tres pesetas (16.497.763 pesetas).
5. Garantías.
Provisional: trescentas vintenove mil novecentas cincuenta e cinco pesetas (329.955 pesetas).
6. Obtención de documentación e información.
Na Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados (rúa do Sar, 75, 15702 Santiago de Compostela; teléfono 981 54 63 04; ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
7. Presentación das ofertas.
Data límite de presentación: ás catorce horas (14) horas do día no que se cumpran trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.
Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.
Admisión de variantes: non.
8. Apertura das ofertas.
Na sede da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 9.30 horas do día no que se cumpran tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sábado, realizarase o primeiro día hábil seguinte.
9. Gastos do anuncio.
Serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1998.
Andrés Hermida Trastoy
Director xeral de Estructuras Pesqueiras
e Mercados
10062